O galego de Filgueira Valverde

Francisco Fernández Rei

Resumo


Despois dunhas consideracións sobre o galego das tres “coroas” do Rexurdimento –galego popularizante na obra de Rosalía e na de Curros, pero non na de Pondal– tratarei o galego enxebrista ou diferencialista de Filgueira Valverde da produción literaria anterior á guerra do 1936, a partir da análise da lingua das narracións Os nenos (1925) e O Vigairo (1927) e da obra teatral Agromar (1936). Na morfoloxía nominal e verbal destas obras Filgueira emprega formas do galego da súa Pontevedra natal, xunto con solucións diferencialistas con tradición literaria propias doutras áreas. No léxico é xeral a hipergaleguización, característica dos autores do primeiro terzo do século XX, á vez que enriquece a súa prosa con algúns préstamos de linguas modernas e, sobre todo, con arcaísmos, seguindo neste caso o ronsel de López Ferreiro. N’O Vigairo hai unha gran riqueza de voces mariñeiras populares, unhas moi usadas actualmente, outras son xa literarias por designaren embarcacións desaparecidas. Algunhas delas xa as introduciran no galego literario o pontevedrés Xoán M. Pintos ou o cambadés Ramón Cabanillas, pero outras documéntanse por primeira vez na historia do galego escrito nesta obra de Filgueira.


Palabras clave


Galego escrito; Rosalía; Curros; Pondal; Filgueira Valverde; léxico mariñeiro

Texto completo:

PDF

Citas


Carballo Calero, Ricardo (1974): “La constitución del gallego como lengua escrita”, Verba 1, 31-40.

DdD (2006-2013) = Santamarina, Antón (dir.): Dicionario de dicionarios. Corpus lexicográfico da lingua galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. http://sli.uvigo.es/ddd/index.html [Data de consulta: 20-24 maio 2016].

DRAG (2012) = Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: RAG. http://academia.gal/dicionario [Data de consulta: 20-24 maio 2016].

Fernández Rei, Francisco (1990): Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.

Fernández Rei, Francisco (2001): “A lingua medieval e a súa importancia na elaboración do galego moderno”, en Antonio Cortijo Ocaña, Giorgio Perissinotto e Harvey L. Sharrer (eds.), Estudios galegos medievais. Studia Hispanica Californiana, 1. Santa Barbara: University of California, 17-42.

Fernández Rei, Francisco (coord.) (2003): Atlas Lingüístico Galego. T. IV Léxico. Tempo atmosférico e cronolóxico. A Coruña: Instituto da Lingua Galega / Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Fernández Rei, Francisco (2013): “Prestixiando o galego: de Manuel Luís Acuña a Marcos Valcárcel. Notas sobre a constitución da lingua literaria”, en Xoán Carlos Domínguez Alberte (ed.), Actas do IV Congreso Manuel Luís Acuña (A Pobra de Trives 19-21 de novembro de 2009). A Pobra de Trives: Concello, 11-32.

Fernández Salgado, Benigno e Henrique Monteagudo Romero (1995): “Do galego literario ó galego común. O proceso de estandardización na época contemporánea”, en Henrique Monteagudo (comp.), Estudios de sociolingüística galega sobre a norma do galego culto. Vigo: Galaxia, 99-176.

Filgueira Valverde, Xosé F. (1925): Os nenos. Pontevedra: Lar.

Filgueira Valverde, Xosé F. (1927): O Vigairo. Ensaio simbólico, orixinal e inédito. A Cruña: Lar.

Filgueira Valverde, Xosé F. (1936): Agromar. Farsa pra rapaces. Lugo: Palacios.

Filgueira Valverde, Xosé F. (1991): “Palabras de clausura”, en Xosé Manuel González Reboredo e Xosé Antonio Fernández de Rota (coords.), Lindeiros da Galeguidade I. Actas do Simposio de Antropoloxía (5, 6, 7 de xullo de 1990. O Cebreiro, A Pobra de Navia, Vilafranca). [Santiago de Compostela]: Consello da Cultura Galega, 171-172.

González Reboredo, Xosé Manuel (1998): “Novo achegamento á obra de don Xosé Filgueira Valverde: Pontevedra e o mar”, en Francisco Calo Lourido (coord.): Antropoloxía mariñeira. Actas do Simposio Internacional de Antropoloxía in memoriam Xosé Filgueira Valverde. Pontevedra 10-12 de xullo, 1997. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 15-28.

Monteagudo Romero, Henrique (1997): “Modelos de lingua. Consideracións teóricas ó fío do debate sobre a estandardización do galego”, Cadernos de Lingua 14, 5-33.

TILG (2016) = Santamarina, Antón (dir.): Tesouro informatizado da lingua galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. http://www.ti.usc.es/TILG/ [Data de consulta: 20-24 maio 2016].




Copyright (c) 2018 Boletín da RAG

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega