A madurez poética de Díaz Castro: anos 80

Xosé Manuel Salgado

Resumo


Reflexiona o autor sobre a personalidade literaria de Díaz Castro, unha das grandes voces líricas galegas, aínda que, ó seu xuízo, o poeta lugués segue a ser un poeta de minorías. Pensa que Nimbos marca a madurez poética do autor, poemario que considera todo un “clásico”, libro que contextualiza no seu tempo, menciona as posibles razóns que moveron a Galaxia a publicalo e refírese así mesmo, á recepción que tivo no seu momento. Alude a Follas verdes e Follas ô vento, dous libros de versos que permaneceron inéditos ata este ano 2014, interrogándose sobre se arrequecen en algo a figura do seu creador. Finalmente, fala do seu contacto persoal co poeta, cando este, nos momentos crepusculares da súa vida, foi rescatado para a poesía galega a través das páxinas da revista Dorna, comezando una nova andadura que considera enormemente frutífera.


Palabras clave


Xosé M.ª Díaz Castro; madurez; Nimbos; Follas verdes; Dorna

Texto completo:

PDF

Citas


Alonso Montero, Xesús (1987): “Dúas palabras sobre o poeta Xosé María Díaz Castro”, en Homenaxe a Xosé M.ª Díaz Castro. Guitiriz: Asociación Cultural Xermolos, 14-17.

Álvarez Blázquez, Xosé María (1961): “Un libro luminoso”, Faro de Vigo 15/X/1961.

Calvino, Italo (1995): Por que leer los clásicos. Barcelona: Tusquets.

Carballo Calero, Ricardo (1961): “Un poeta legible”, Faro de Vigo 20/X/1961.

Carballo Calero, Ricardo (1982): “Introducción”, en Xosé María Díaz Castro, Nimbos. Madrid: Editora Nacional, 7-17.

Dobarro Paz, Xosé María (1977): “Díaz Castro, Xosé María”, Gran Enciclopedia Gallega. Vol. IX. Xixón: Silverio Cañada Editor, 75-76.

Fernández del Riego, Francisco (2006): “Díaz Castro, medio esquecido”, La Voz de Galicia 3/VI/2006.

Méndez Ferrín, Xosé Luís (1990 a): “Homenaxe a Díaz Castro”, Faro de Vigo 30/IV/1990.

Méndez Ferrín, Xosé Luís (1990 b): “Un adeus a Díaz Castro”, Faro de Vigo 8/X/1990.

Otero Pedrayo, Ramón (1962): “Nimbos de Díaz Castro”, La Noche 11/VII/1962.

Requeixo Cuba, Armando (2014): A poesía en galego de Xosé María Díaz Castro: estudo e edición crítica. Santiago de Compostela: Universidade. Tese de doutoramento.

Risco, Vicente (1961): “Nimbos de Díaz Castro”, La Región 19/X/1961.

Salgado Rodríguez, Xosé Manuel (1991): “Díaz Castro e Dorna. A creba dun silencio”, Dorna 17, 23-32.

Salgado Rodríguez, Xosé Manuel (2014): “Na amañecida de Follas verdes”, en Carmen Blanco e Xosé M. Salgado (eds.), Día das Letras Galegas 2014. Xosé María Díaz Castro. Santiago de Compostela: Universidade.




Copyright (c) 2018 Boletín da RAG

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega