A oración da montaña. Valentín Paz-Andrade, anacronías e ucronías dun poeta rescatado

Gregorio Ferreiro Fente

Resumo


A homenaxe a Valentín Paz-Andrade no Día das Letras Galegas de 2012 propiciou a exhumación dunha copiosa obra poética inédita deste polifacético escritor e intelectual. O obxectivo do presente relatorio é, agora que coñecemos o legado poético de Valentín Paz-Andrade na súa totalidade, realizar unha pequena incursión na súa biografía como poeta, poñendo o acento en que se tratou dun periplo certamente peculiar que estivo caracterizado pola existencia de múltiples anomalías.


Palabras clave


literatura galega; poesía do século XX; vangardas; edición literaria; poesía inédita; Valentín Paz-Andrade

Texto completo:

PDF


Copyright (c) 2018 Boletín da RAG

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega