Problemas relativos ós procesos de recollida e transcrición de mostras orais
DOI:
https://doi.org/10.32766/cdl.26.66Resumo
Este artigo aborda unha serie de problemas de carácter empírico e metodolóxico, relativos ós procesos de recollida de mostras orais e a súa posterior transcrición. A partir de aquí trátanse cuestións que atinxen á selección e localización de informantes, á entrevista (o lugar e o momento da entrevista, formas de realizala...), ás mostras (selección, organización e rexistro das mostras, transcrición do material, tipos de transcrición...), etc. Todo isto encamiñado a contrastar as nosas experiencias neste eido coas doutros investigadores, para así discutir as dificultades metodolóxicas desta actividade e contribuír á procura de mellores solucións.