Planificación lingüística de baixa intensidade: o caso galego

Descargas

Publicado

05-08-2005

Número

Sección

Artigos

Autores/as

  • Anxo M. Lorenzo Suárez

DOI:

https://doi.org/10.32766/cdl.27.56

Palabras clave:

planificación lingüística, política lingüística, avaliación, Galicia

Resumo

O obxectivo deste traballo céntrase na presentación e valoración do modelo de política lingüística que se desenvolveu en Galicia desde os poderes públicos galegos para a revitalización social da lingua galega, desde 1980 ata a actualidade. Argumentamos que o modelo galego de política lingüística institucional está baseado nunha acción lingüística pouco intervencionista e na realización dunha planificación lingüística de baixa intensidade, posta en marcha a partir dunha determinada interpretación da situación sociolingüística da lingua galega, dunha determinada ideoloxía lingüística e dunha concepción das prácticas planificadoras centrada no intento de non provocar ningún tipo de conflitividade na sociedade galega por motivos lingüísticos.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.