O contrato foral a Martín Serpe (ACS). Edición crítica dun documento notarial de 1400
DOI:
https://doi.org/10.32766/cdl.33.22Palabras clave:
edición crítica, prosa notarial, onomástica medievalResumo
Neste artigo preséntase a edición crítica dun documento notarial do ano 1400 conservado no Arquivo da Catedral de Santiago (ACS) e asinado polo notario Alvar Pérez Pucariño. Para alén da edición, inclúe un estudo do manuscrito a diferentes niveis: lingüístico, codicolóxico e histórico. Incorpora tamén un índice toponímico e outro antroponímico, así como un glosario con formas léxicas que poden presentar certos usos particulares ou ben non estar recollidas nas fontes documentais do corpus medieval galego
Descargas
Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.