Edición crítica de dous documentos de 1418 asinados por Gómez García, notario de Santiago
DOI:
https://doi.org/10.32766/cdl.35.11Palabras clave:
edición crítica, lingüística histórica, prosa notarial galega, onomástica medieval, toponimia, antroponimiaResumo
Este artigo presenta a edición crítica de dous documentos notariais en que se recollen dous foros outorgados polo mosteiro de San Martiño Pinario a Gómez Gago, redactados ambos polo notario Gómez García en 1418 e conservados no Arquivo Catedralicio de Santiago de Compostela (ACS) e no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela (AHDS), respectivamente. Inclúese tamén a xustificación dos criterios de edición utilizados neste traballo e un estudo comparativo (desde o punto de vista formal e de contido) de ambos os manuscritos, ademais dos correspondentes índices antroponímico e toponímico.
Descargas
Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.