Mais aló dunha festa. Patrimonio, identidade e cohesión social a través do Arde Lucus

Descargas

Publicado

20-04-2026

Cómo citar

Sánchez Pardo, J. C. (2026) “Mais aló dunha festa. Patrimonio, identidade e cohesión social a través do Arde Lucus”, Boletín da Real Academia Galega. A Coruña, (386), pp. 163–172. doi: 10.32766/brag.386.908.

Número

Sección

A invención da tradición

Autores/as

DOI:

https://doi.org/10.32766/brag.386.908

Palabras clave:

recreacion histórica, Lugo, arqueoloxía, pasado simbólico, Gallaecia

Resumo

O Arde Lucus consolidouse como unha das festas de recreación histórica máis emblemáticas e exitosas do seu xénero na Península Ibérica, destacando pola súa capacidade de convocatoria, o seu impacto económico e sobre todo, pola profunda implicación da sociedade lucense na recreación do seu pasado castrexo-romano. Este tipo de festas son propicias para analizar como se constrúen as percepcións do pasado en sociedade. Non se trata en absoluto de xulgar, senón de observar e analizar como a nosa sociedade se apropia, recrea e reinventa o pasado.

Desde esa óptica nas seguintes páxinas trataremos de afondar na festa do Arde Lucus, explorando a súa relación co patrimonio, a identidade e a cohesión social. Para iso, faremos primeiro un breve repaso pola arqueoloxía do Lugo romano, para logo incidir nas características comúns e distintivas que presenta o Arde Lucus con respecto a outras festas de recreación histórica en España. Finalmente, reflexionarase sobre a implicación da sociedade actual nesta festa, subliñando como os cidadáns se converten en actores activos na construción e vivencia da súa propia historia.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.

Citas

Alba Pagán, Ester e Requena Jiménez, Miguel (2020). La recreación histórica como historia publica: reflexiones en torno a su inclusión en el debate académico. Hispania Nova. 1 (Extraordinario), 186-217.

Alonso González, Pablo e González Álvarez, David (2013). Construyendo el pasado, reproduciendo el presente: identidad y arqueología en las recreaciones históricas de indígenas contra romanos en el Noroeste de España. Revista de Dialectología y Tradiciones Populares. LXVIII (2), 305-330.

Belloso Martín, Carlos (2021). Investigaciones y debates en torno a las recreaciones históricas. En: Joaquín Díaz, Salvador Rodríguez Becerra e María Pilar Panero García, coords. Pensar la tradición: homenaje al profesor José Luis Alonso Ponga. Valladolid: Diputación Provincial de Valladolid, Fundación Joaquín Díaz, Universidad de Valladolid, 951-979.

Blanco-Torrejón, Laura; Valle Abad, Patricia; e Sánchez Pardo, José Carlos (2021). La “cristianización” de los enterramientos en la Galicia tardoantigua. Una comparación entre las necrópolis de Lugo y Vigo (siglos IV-VI). Gerión. Revista de Historia Antigua. 39 (2), 747-774.

Carreño Gascón, María Covadonga (2017). El foro romano de Lucus Augusti. Primicias de su descubrimiento. En: Alicia Ruiz-Gutiérrez e Carolina Cortés Bárcena, eds. Memoriae civitatum. Arqueología y epigrafía de la ciudad romana: estudios en homenaje a José Manuel Iglesias Gil. Santander: Universidad de Cantabria, 431-460.

Folgueira Ríos, Francisco (2020). O urbanismo de Lucus Augusti: uma nova perspetiva de análise. Dissertação de Mestrado. Universidade do Minho.

Rodríguez Colmenero, Antonio (2007). La muralla romana de Lugo, gran bastión defensivo en los confines del imperio: análisis de conjunto. En: Antonio Rodríguez Colmenero e Isabel Rodà de Llanza, eds. Murallas de ciudades romanas en el Occidente del Imperio. Lucus Augusti como paradigma. Actas del Congreso Internacional (26-29. XI. 2005). Lugo: Deputación de Lugo, Museo Provincial de Lugo, 217-254.