Poética dun debut literario

Descargas

Publicado

23-04-2024

Cómo citar

Santomé, C. F. (2024) “Poética dun debut literario”, Boletín da Real Academia Galega. A Coruña, (384), pp. 421–425. doi: 10.32766/brag.384.860.

Número

Sección

Voces da narrativa

Autores/as

DOI:

https://doi.org/10.32766/brag.384.860

Palabras clave:

chegada á escritura, debut literario, novela de debut, novela en galego, novela, narrativa galega, literatura galega, literatura en galego

Resumo

A primeira novela —primeira e única ou primeira de tantas— posúe unha transcendencia maior aínda, se cadra, que a que se lle presupón en tanto que carta de presentación de quen a escribe. Pois non só constitúe un laboratorio de probas no que se manexan recursos e discursos coa intuición de quen camiña por un corredor en penumbra cara a un verme de luz que chispea ao lonxe, senón tamén unha proba en si mesma. Da materialidade da intención literaria, da capacidade de cultivar un sentido. Da posibilidade.

Volver a ela ten algo de reparador e de reivindicativo. A distancia —temporal e creativa— concede o acougo necesario para analizar motivos e intencións dese texto iniciático, libre xa da sombra da recepción. Velaquí unha aproximación ao nacemento de Quérote. Eu tampouco. Coma quen di, á miña chegada á escritura.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.

Citas

Cixous, Hélène (1977). La venue à l’écriture. Paris: Union générale d’éditions.

Fernández Santomé, Cecilia (2019). Quérote. Eu tampouco. Vigo: Xerais.

Fernández Santomé, Cecilia (2021). Unha rapaza de provincias. Vigo: Xerais.

Fernández Santomé, Cecilia (2022). As orfas daquel verán. En: A garza en chamas. Santiago de Compostela: Alvarellos.

Murdoch, Iris (1954). Under The Net. Londres: Chatto & Windus.

Strout, Elizabeth (2016). My Name Is Lucy Burton. Nova York: Random House.