De Trasalba a Lourenzá: a paisaxe na obra de Francisco Fernández del Riego
Publicado
Cómo citar
Número
Sección
DOI:
https://doi.org/10.32766/brag.384.852Palabras clave:
Francisco Fernández del Riego, “Panorámica da nosa paisaxe literaria”, O cego de Pumardedón, paisaxe literaria, descriciónResumo
Como ensaísta e crítico literario, como creador e viaxeiro, Francisco Fernández del Riego puxo a paisaxe no centro da súa obra, trazando unha continuidade entre a xeración Nós e a dos 50 á que el pertenceu, e que ocupou un lugar sobranceiro no ensaísmo sobre a paisaxe en Galicia. A carón de ensaios de compañeiros de xeración como “Abrente e solpor da paisaxe”, de Celestino Fernández de la Vega, Del Riego legounos en “Panorámica da nosa paisaxe literaria”, asinado como Salvador Lorenzana (1955), unha visión transversal da literatura galega desde a perspectiva específica do tratamento da paisaxe. Neste achegamento é axiña perceptible un nesgo cara á sensorialidade que transcende o visual e unha atención moi especial cara ao elemento animal na paisaxe. En coherencia con esta perspectiva crítica, na propia produción literaria, como en O cego de Pumardedón, Del Riego opta, nunha novela na que a recreación da contorna e do espazo resulta central, por un protagonista cego, para así pór o foco sobre os outros sentidos. De xeito transversal ás súas diversas facetas é posible identificar un modo persoal e moi específico de achegamento ao territorio e á paisaxe que nos propoñemos explorar nas seguintes páxinas.
Descargas
Citas
Fernández de la Vega, Celestino (1958). Abrente e solpor da paisaxe. En: Homenaxe a Ramón Otero Pedrayo. Vigo: Galaxia, 103-128.
Fernández del Riego, Francisco (1992). O cego de Pumardedón. Vigo: Ir Indo.
Fitter, Chris (1995). Poetry, Space, Landscape. Toward a New Theory. Cambridge: Cambridge University Press.
Lorenzana, Salvador [Francisco Fernández del Riego] (1952). Onde remata o vello mundo… Alborada. Órgano del Centro Gallego de Barcelona. [Xullo de 1952], 17 e 19.
Lorenzana, Salvador [Francisco Fernández del Riego] (1955). Panorámica da nosa paisaxe literaria. En: Paisaxe e cultura. Vigo: Galaxia, 217-257.
Otero Pedrayo, Ramón (1932). Encol do elemento animal na paisaxe. Nós. 105, 158-162.
Otero Pedrayo, Ramón (1955). Ensaio sobor da paisaxe galega. En: Paisaxe e cultura. Vigo: Galaxia, 45-105.
Remarque, Erich María (1929). Im Westen nichts Neues. Berlin: Propylaen Verlag.
Rof Carballo, Xoán (1989 [1957]). Mito e realidade da terra nai. Vigo: Galaxia.
Roger, Alain (1997). Court traité du paysage. Paris: Gallimard.