Francisco Fernández del Riego e a fanada reconstrución do Partido Galeguista na clandestinidade

Descargas

Publicado

23-04-2024

Cómo citar

Diéguez Cequiel, U.-B. (2024) “Francisco Fernández del Riego e a fanada reconstrución do Partido Galeguista na clandestinidade”, Boletín da Real Academia Galega. A Coruña, (384), pp. 77–107. doi: 10.32766/brag.384.840.

Número

Sección

Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas

Autores/as

DOI:

https://doi.org/10.32766/brag.384.840

Palabras clave:

Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro, Partido Galeguista, ditadura franquista, resistencia política e cultural

Resumo

Coa marcha forzosa ao exilio, na primavera de 1939, dos principais referentes do Partido Galeguista que resistiron ao golpe militar de 1936 e que teimaran en defender a República e as teses do galeguismo político en territorio peninsular, iniciaríase a súa reconstrución en Galiza. Ramón de Valenzuela, Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla Couto, Manuel Gómez Román e Ramón Piñeiro serían centrais neste esforzo. Valenzuela, que fora designado no tempo de guerra secretario de organización do PG, promovería a reorganización do partido nacionalista desde 1944 ao saír do cárcere, acompañado de Xosé Velo Mosquera, Mariano Otero Castelao, Dámaso Carrasco e Vicente Bóveda, entre outros. Mais este esforzo tivo un breve percorrido. Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla Couto e Manuel Gómez Román, último secretario xeral do PG no tempo republicano, farían unha nova tentativa de restablecer o partido, con Ramón Piñeiro como liberado, que tivo o seu momento álxido no verán de 1945, cando en Coruxo (Vigo) se celebrou unha asemblea de ámbito nacional na que se ratificaría o traballo desenvolvido até o momento e os pasos a seguir de aí en diante. Unha reorganización que daría lugar ao “boletín informativo” Galicia e ao “portavoz do Partido Galeguista” Roteiro.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.

Citas

Álvarez Gándara, Alfonso (2013). Francisco Fernández del Riego político. En: María Dolores Cabrera Iglesias e María Dolores Villanueva Gesteira, Francisco Fernández del Riego. Vigo dende o corazón. Vigo: Galaxia, 73-77.

Barros, Miguel (2009). Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo. Vol. II. Acción Política. Vigo: Galaxia.

Beramendi, Justo (2008). De provincia a nación. Historia do galeguismo político. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.

Calvo, Tucho (1998). Valentín Paz-Andrade. A memoria do século. Sada: Ediciós do Castro.

Carballa, Xan (1995). Francisco Fernández del Riego, o medo que pasamos non se pode crer. En: As horas secuestradas. Vida cotiá no franquismo. Vigo: Promocións Culturais Galegas, 25-29.

Carvalho Calero, Ricardo (2006). Epistolario a Fernández del Riego. Vigo: Galaxia. Edición e transcrición de Dolores Vilavedra e Montserrat Pena.

Casares, Carlos (1991). Ramón Piñeiro. Unha vida por Galicia. A Coruña: Fundación Caixa Galicia.

Castro, Xavier (1991). Ramón Piñeiro, protagonista e testemuña da nosa historia. En: Homenaxe a Ramón Piñeiro. Santiago de Compostela: Fundación Caixa Galicia, 259-264.

Castro, Xavier (2000). Castelao e os galeguistas do interior: cartas e documentos 1943-1954. Vigo: Galaxia.

Conde, Perfecto (2018). Conversas con Paco del Riego. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.

Dasilva, Xosé Manuel (2011). Proceso e encarceramento de Ramón Piñeiro (1946-1949). Vigo: Galaxia.

Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán (2003). Álvaro de las Casas. Biografía e epistolario. Vigo: Galaxia.

Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán (2012). Nacionalismo galego, golpe militar reaccionario e a (necesaria) resistencia armada. En: A guerrilla antifranquista galega: actas. 15, 16 e 17 de xaneiro do 2009. Paraninfo da Universidade da Coruña. A Coruña: CRMHd’AC, 219-236.

Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán (2015). Nacionalismo galego aquén e alén mar (1936-1975). Santiago de Compostela: Laiovento.

Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán (2017). El exilio europeo del nacionalismo gallego a partir de 1939. Francia y la figura de Xohán Xosé Plá. Cahiers de Civilisation Espagnole Contemporaine. 18.

Dónega, Marino (1991). Perfil humano. En: Homenaxe a Ramón Piñeiro. Santiago de Compostela: Fundación Caixa Galicia, 27-36.

Estévez, Xosé (1994). El Galeuzca en el exilio. En: Galeuzca. Vigo: Nova Galicia Edicións, 47-84. Prólogo á edición facsimilar.

Estévez, Xosé (2009). Galeuzca: la rebelión de la periferia (1923-1998). Madrid: Entinema.

Fernández del Riego, Francisco (1990). O río do tempo: una historia vivida. Sada: Ediciós do Castro.

Fernández del Riego, Francisco (2002). Cartas de Luis Seoane desde o exilio. Sada: Ediciós do Castro.

Fernández del Riego, Francisco (2003). Camiño andado. Vigo: Galaxia.

Fernández del Riego, Francisco (2023). O que Galaxia viña significar. El Progreso. 17/V/2023.

Fole, Ánxel (1996). Lembranzas: a xuntanza de 1945. En: Cartafolio galego. Vigo: A Nosa Terra, 103. Edición de Claudio Rodríguez Fer.

Gurriarán, Ricardo (2016). Enrique Peinador Lines e Mondariz: empresa, turismo e país. Ourense: Grupo Academia Postal.

Igrexas, Manuel (2006). Apuntamentos sobre a biografía de Ramón de Valenzuela. En: Charo Ferreiro e Inmaculada Pena, coords. Homenaxe a Antón Alonso Ríos e a Ramón de Valenzuela. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 9-16.

Ínsua, Emilio Xosé (2017). O sobriño Xoán Xosé Pla Fernández. En: O escritor viveirense Xoán Pla Zubiri (1874-1936). Viveiro: Biblioteca Emilio Antonio Insua García de Estudios Viveirenses, 70-122.

Monteagudo, Henrique (2008). Ramón Piñeiro, a Editorial Galaxia e a Real Academia Galega (1950-1962): estratexias de resistencia idiomática fronte ao franquismo. Grial. 177, 98-111.

Nicolás, Ramón (2022). Francisco Fernández del Riego. Vida e obra dun obreiro do galeguismo. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.

Pastoriza Rozas, Xose Luís (2015). Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia. Vigo: Galaxia / Fundación Isla Couto.

Pereira, Dionisio e Fernández, Eliseo (2006). O movemento libertario en Galiza (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra.

Piñeiro, Ramón (1981). A personalidade política de Fermín Penzol. Grial. 73, 279-288.

Piñeiro, Ramón (1991a). Balance do noso labor. Grial. 111 [monográfico: Da miña acordanza. Ramón Piñeiro (1915-1990)], 382-388.

Piñeiro, Ramón (1991b). Consello de Galicia. Grial. 111 [monográfico: Da miña acordanza. Ramón Piñeiro (1915-1990)], 353-359.

Piñeiro, Ramón (1991c). Castelao. Grial. 111 [monográfico: Da miña acordanza. Ramón Piñeiro (1915-1990)], 369-376.

Piñeiro, Ramón (2002). Da miña acordanza. Vigo: Galaxia.

Ríos, Xulio (1997). Plácido Castro. Vigo: Ir Indo.

Rojo, Arximiro (1987). As Mocedades Galeguistas. Vigo: Galaxia.

Saco, Fernando (2006). Os irmáns Saco. Vigo: A Nosa Terra.

Sánchez Martínez, Pablo (2020). Achada a acta fundacional da ‘Mocedade Galeguista’ de Celanova. Murguía. Revista Galega de Historia. 41-42, 55-63.

Santidrián, Víctor (2002). Historia do PCE en Galicia (1920-1968). Sada: Ediciós do Castro.

Toro, Antonio Raúl de (1994). Galicia desde Londres: Galicia, Gran Bretaña e Irlanda nos programas galegos da BBC. A Coruña: Tambre.

Valenzuela, Ramón de (1997). Era tempo de apandar. Vigo: A Nosa Terra.

Villanueva Gesteira, María Dolores (2022). Francisco Fernández del Riego. Un loitador pola idea de Galicia. Vigo: Galaxia.