As fontes léxicas na lírica de Florencio Delgado Gurriarán
Publicado
Cómo citar
Número
Sección
DOI:
https://doi.org/10.32766/brag.383.819Palabras clave:
Florencio Delgado Gurriarán, lírica, léxico, galego literario, valdeorrésResumo
Esta comunicación pretende contribuír ao coñecemento das fontes léxicas das que se nutre a lírica de Florencio Delgado Gurrriarán (1903-1987). Para este labor, baseámonos nos seus catro poemarios: Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas. Poemas 1934-1980 (1981) e O soño do guieiro (1986). Na escrita florenciana, xunto á singularidade do galego oral de Valdeorras, combínanse elementos da tradición literaria, da enxebrización e da depuración, a carón dalgúns recursos significativos como procedemento de formación de palabras.
Deste xeito, o galego literario do poeta corgomés caracterízase, fundamentalmente, por ser unha lingua popular depurada de castelanismos e apoiada co recurso do portugués como proceso de enxebrización; marcada amplamente polos termos dialectais da comarca de Valdeorras e zonas estremeiras e polas formas específicas da súa contorna rural como peculiaridade; influenciada pola tradición literaria dalgúns dos nosos clásicos; reforzada coa presenza de estranxeirismos propios de linguas modernas europeas e de trazos do náhuatl de México, así como polos cultismos como elementos de depuración, e enriquecida, á súa vez, pola derivación mediante sufixación e composición como principais procedementos de formación de palabras. A seguir expóñense polo miúdo estas seis fontes léxicas no conxunto da súa obra poética.
Descargas
Citas
ALGa IV = Fernández Rei, Francisco, coord. (2003). Atlas Lingüístico Galego. Vol. IV: Léxico. Tempo atmosférico e cronolóxico. [A Coruña]: Fundación Pedro Barrié de la Maza / Instituto da Lingua Galega.
ALGa VI = Fernández Rei, Francisco, coord. (2016). Atlas Lingüístico Galego. Vol. VI: Léxico. Terra, plantas e árbores. [A Coruña / Santiago de Compostela]: Fundación Barrié / Universidade de Santiago de Compostela.
Álvarez, Rosario (2017). A fala berciana na obra de Fernández Morales. Boletín da Real Academia Galega. 378, 489-500.
Álvarez Pousa, Concepción (2019). Valdeorras, o selo distintivo de Florencio Delgado Gurriarán. O Sil ano 2000. Especial Nadal Decembro 2019, 52.
Álvarez Pousa, Concepción (2020). A variedade valdeorresa do galego oriental e a súa presenza na lingua literaria de Florencio Delgado Gurriarán. A Trabe de Ouro. Revista galega de pensamento crítico. 113, 9-34.
Álvarez Pousa, Concepción (2022a). O valdeorrés e a tradición literaria galega na obra de Florencio Delgado Gurriarán. En: Dolores Vilavedra, ed. Florencio Delgado Gurriarán. O soño dunha Galicia infinda. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 93-118.
Álvarez Pousa, C. (2022b). Florencio Delgado Gurriarán: unha lingua entre cepeiras e tapatíos. O Sil ano 2000. Xuño 2022, 35.
Álvarez Pousa, Concepción e Costas, Xosé Henrique (2002). Escolma de poesía berciana en lingua galega (1860-1960). Santiago de Compostela: Edicións Positivas.
Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da literatura galega contemporánea. 3.ª ed. Vigo: Galaxia.
Castelo Veiga, Andrea (2017). O léxico galego-berciano na obra poética de Antonio Fernández Morales (1817-1896). Cumieira. Cadernos de investigación da nova Filoloxía Galega. 2, 127-150.
Cobo Rodríguez, Francisco (2022). O léxico valdeorrés na obra de Florencio Delgado Gurriarán. Raigame. Revista de arte, cultura e tradicións populares. 48, 39-53.
Cueto, Xacinto F. (2002). A mai, o nino e a montaña. Barcelona: Marklet Edicións.
DdD = Santamarina, Antón, coord. (2006-2013). Dicionario de dicionarios. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega.
Delgado Gurriarán, Florencio (1934). Bebedeira. Santiago: Nós.
Delgado Gurriarán, Florencio (1963). Galicia infinda. Vigo: Salnés.
Delgado Gurriarán, Florencio (1981). Cantarenas. Poemas 1934-1980. Sada: Ediciós do Castro.
Delgado Gurriarán, Florencio (1986). O soño do guieiro. Sada: Ediciós do Castro.
Delgado Gurriarán, Florencio (1989). O soño do guieiro (lembranzas de un vello galeguista). En: Justo G. Beramendi e Ramón Villares, eds. Actas Congreso Castelao: Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, v. 2, 475-478.
Delgado Gurriarán, Florencio (2002). Antoloxía: vide, paisaxe, fala. Córgomo (Ourense): Comisión da Homenaxe.
Delgado Gurriarán, Florencio (2022). Cancioneiro da loita galega. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Edición facsimilar.
DRAG = González González, Manuel, dir. (2006-). Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega.
Fernández y Morales, Antonio (1861). Ensayos poéticos en dialecto berciano. León: Establecimiento Tipográfico de la Viuda é Hijos de Miñon. [Edición facsimilar do Instituto de Estudios Bercianos, Ponferrada, 2003, e de Edicións Positivas, Santiago de Compostela, 2017]
Fernández Rei, Francisco (1990). Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Fernández Salgado, Benigno e Monteagudo Romero, Henrique (1995). Do galego literario ó galego común: o proceso de estandardización na época contemporánea. En: Henrique Monteagudo, ed. Estudios de sociolingüística galega. Sobre
a norma do galego culto. Vigo: Galaxia, 99-176.
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2006). Manual de Gramática Galega. Vigo: A Nosa Terra.
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2010). Lingua e estilo na obra de Uxío Novoneyra. Boletín da Real Academia Galega. 371, 81-108.
González González, Manuel (2010). Uxío Novoneyra coa lingua do seu pobo. Boletín da Real Academia Galega. 371, 281-285.
Gurriarán, Ricardo (1999). Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista. Sada: Ediciós do Castro.
Lama López, María Xesús (1999). Un caso de mestizaxe cultural na literatura galega do exilio: os poemas mexicanos de F. Delgado Gurriarán. En: Rosario Álvarez Blanco e Dolores Vilavedra Fernández, coords. Cinguidos por unha arela común: homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero. Vol.2. Literatura. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 739-753.
Nogueira Pereira, María Xesús (2010). Uxío Novoneyra e a lingua literaria. Boletín Real Academia Galega. 371, 189-200.
Novoneyra, Uxío (1955). Os eidos. Vigo: Galaxia.
Novoneyra, Uxío (1981). Os eidos. Libro do Courel. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Novoneyra, Uxío (1985). Os eidos. Libro do Courel. 2ª ed. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Novoneyra, Uxío (1986). Muller pra lonxe. Lugo: Deputación provincial de Lugo.
Novoneyra, Uxío (1991). Tempo de elexía. Oleiros: Vía Láctea
Novoneyra, Uxío (1994). Poemas da doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras. A Coruña: Espiral Maior.
Novoneyra, Uxío (2010). Gran Lugo de nebra. Santiago de Compostela: Alvarellos.
Novoneyra, Uxío (2018). Os eidos. O libro do Courel. Monforte de Lemos: Biblioteca de Mesopotamia.
Novo, Olga (2004). Uxío Novoneyra. Lingua loaira. Lugo: Fundación Caixa Galicia.
Prieto Rodríguez, Laureano (1958). Contos vianeses. Vigo: Galaxia.
Prieto Rodríguez, Laureano (1968). Contos pra nenos. Vigo: Galaxia.
Prieto Rodríguez, Laureano (1973). Notas encol da fala vianesa. Boletín Auriense. 3, 97-121.
Prieto Rodríguez, Laureano (1978). Contos de cregos: Terra de Viana do Bolo. Boletín Auriense. 8, 13-48.
Regueira, Xosé Luís (1993). Algunhas calas na riqueza léxica da lingua literaria: aproximación cuantitativa. Cadernos de lingua. 7, 99-112.
Santamarina, Antón (2008). A lingua de Ferrín. Notas dun lexicógrafo amador. En: Francisco Fernández Rei, Xosé M. García Crego, Rosa López Fernández e Xabier Vázquez López, eds. A semente da nación soñada: homenaxe a X. L. Méndez Ferrín. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco; Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 245-283.
TILG = Santamarina, Antón (dir.), González Seoane, Ernesto e Álvarez de la Granja, María (2013-). Tesouro informatizado da lingua galega. Versión 4.1. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega.