Xela artenauta. Unha aproximación ao interese de Xela Arias por conectar a poesía con outras artes

Descargas

Publicado

27-04-2022

Cómo citar

López Rodríguez, B. (2022) “Xela artenauta. Unha aproximación ao interese de Xela Arias por conectar a poesía con outras artes”, Boletín da Real Academia Galega. A Coruña, (382), pp. 79–88. doi: 10.32766/brag.382.809.

Número

Sección

Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas

Autores/as

  • Belén López Rodríguez

DOI:

https://doi.org/10.32766/brag.382.809

Palabras clave:

Xela Arias, diálogo interartístico, Xosé Guillermo, Xulio Gil, Desertores, movida viguesa

Resumo

Xela Arias mostrou un interese constante, ao longo de toda a súa traxectoria, por transcender os formatos clásicos literarios e buscar un impacto directo da súa poesía conectándoa con outras artes. Dan conta desta inquedanza os distintos diálogos creativos que a escritora estableceu con outros autores. Por enriba de todos destacan tres: os que mantivo co pintor Xosé Guillermo, plasmado no deseño da coidada primeira edición de Denuncia do equilibrio (1986); co fotógrafo Xulio Gil, que deu como resultado un proxecto capital da cultura galega contemporánea, Tigres coma cabalos (1990), e co grupo de rock Desertores, ao que lle escribiu letras para os seus discos El desertor (1991) e El vicio de la carne (1994). A celebración do Día das Letras Galegas conseguiu que esa conexión que tanto lle interesaba manter a Xela Arias con outros artistas se prolongase ata este ano. Un dos exemplos máis claros é o libro Xela Arias. Palabra á intemperie (2021) no que Emma Pedreira e Laura Romero poñen a dialogar directamente o seu traballo co orixinal da poeta.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.

Citas

Arias, Xela (1986). Denuncia do equilibrio. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.

Arias, Xela (1990). Tigres coma cabalos. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.

Arias, Xela (1996). Darío a diario. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.

Arias, Xela (2003). Intempériome. A Coruña: Espiral Maior.

Arias, Xela (2018). Poesía reunida (1982-2004). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. Edición de María Xesús Nogueira.

Bragado Rodríguez, Manuel (2021a). Xela Arias. Unha chiografía. Bretemas [online] 9/V/2021.

Bragado, Manuel (2021b). “Un século, un día, un minuto, un nada”. A primeiras páxina poética de Xela Arias. Caderno de Estudos Xerais, 20 [monográfico: Xela Arias: liberdade, subversión, innovación], 13-17.

Cuíñas, Teresa (2021a). O dial esvara. As músicas posibles de Xela Arias. Luzes, 91, 44-54.

Cuíñas, Teresa (2021b). A música que levas dentro. En: Xela Arias, Cancións. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.

Dopico, Montse (2021). Xela Arias, alén dos clixés. Praza 9/VII/2021.

López, Belén (2021). Xela Arias. Arte e parte. Luzes, 91, 34-[41].

Miramemira (2021). Xela Arias. A palabra esgazada[serie documental]. Dirixida por Damián Varela, con guión de María Yañez. A Coruña: Real Academia Galega.

Nogueira, María Xesús (2021). Xela Arias. Os territorios da liberdade. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.

Pedreira, Emma e Romero, Laura (2021). Xela Arias. Palabra á intemperie. A Coruña: Baía Edicións.

Rivas, Manuel (1990). Pero, onde está a miña xeración? [Entrevista a Xela Arias]. La Voz de Galicia, 25/III/1990.

Romaní, Ana (2006). Xela Arias. En: Álbum de mulleres [web] . Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.

Rozas, Ramón (2021). Intempériome pontevedresa. Diario de Pontevedra, 27/V/2021.