Xela Arias, editora e tradutora pioneira no cadro de Xerais
Publicado
Cómo citar
Número
Sección
DOI:
https://doi.org/10.32766/brag.382.807Palabras clave:
Xela Arias, biografía, Edicións Xerais de Galicia, traduciónResumo
O presente traballo traza a traxectoria de Xela Arias como editora, dende o propio momento da creación de Xerais, no ano 1980, cando empezou a traballar como oficinista da empresa. En 1982 comezou a desenvolver tarefas de edición de mesa dos textos literarios de coleccións como Ventobranco, Monte e Fontes, Grandes Mestres, Extramuros e, con especial interese, Xabarín, a primeira de traducións cara ao galego de clásicos da literatura xuvenil. De formación autodidacta, mantivo unha alta responsabilidade con respecto á calidade da lingua dos textos, sendo as súas interpretacións moi relevantes no proceso de fixación da norma ortográfica de 1983 cos criterios que existían no momento e converténdose nunha das pioneiras da edición galega.
Descargas
Citas
AAVV (2021). Letra a letra con Xela Arias. As voces das cotradutoras. En: Alberto Lugrís, Ana Luna e María Reimóndez, eds. Unha voz, moitas voces. Xela Arias tradutora. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 85-104.
Arias Castaño, Xela (2021). Non te amola! Vigo: Galaxia.
Arias López, Valentín (2004). Un día tiven desexos e cumprinos. Aproximación biobibliográfica. En: Valentín Arias, ed. Xela Arias, quedas en nós. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 185-220.
Bragado Rodríguez, Manuel (2004). A indagación de Xela Arias. En: Valentín Arias, ed. Xela Arias, quedas en nós. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 87-89.
Bragado Rodríguez, Manuel (2021a). Xela Arias. Unha chiografía. Bretemas [online] 9/V/2021.
Bragado Rodríguez, Manuel (2021b). Xela Arias editora. En: Daniel Chapela, coord. Xela Arias poeta nas marxes. Pontevedra: O Arquivo das Trasnas.
Bragado Rodríguez, Manuel (2021c). Xela Arias editora pioneira. Sermos Galicia, 449.
Bragado Rodríguez, Manuel (2021d). Un século, un día, un minuto, un nada. A primeira páxina poética de Xela Arias. Cadernos de Estudos Xerais 20 [monográfico: Xela Arias: liberdade, subversión, innovación], 13-17.
Illa Bufarda (2014). Xela Arias e a palabra (vídeo). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Maure, Xulián (2021). Xela Arias no mundo editorial. En: María Xesús Nogueira Pereira, ed. Xela Arias. A literatura e a vida, por elección. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 21-38.
Méndez Ferrín, Xosé Luís (1987). Xela Arias. Faro del Lunes, 1/VI/1987.
Torres Bouzas, Celia (2021). Xela Arias, editora e compañeira. Luzes 91, 26-[31].