A temeridade sálvanos de senti-la covardía
Publicado
Cómo citar
Número
Sección
DOI:
https://doi.org/10.32766/brag.382.804Palabras clave:
Xela Arias, biografía, temeraria, retos, conciencia social, empatía, reflexivaResumo
Esta contribución ofrece unha achega sobre a figura de Xela desde a miña propia visión persoal, a raíz da nosa relación de amizade, centrándome nas decisións que ela foi tomando ao longo da súa vida, de forma máis temeraria ca precavida. De aí que escollese como título da intervención un dos versos do seu derradeiro poemario, Intempériome: “A temeridade sálvanos de senti-la covardía”. En efecto, as súas escollas vitais van conformando unha persoa que non se deixa arrastrar polo establecido e que é quen de ir contracorrente, aínda que iso conduza ás veces á soidade e ao individualismo. Estamos ante unha “poeta sen xeración”, que, na súa ansia de independencia, non gustaba de adscribirse a grupos. Mais, ao mesmo tempo, vemos unha muller cunha gran conciencia social, que loita activamente en contra da inxustiza, sempre do lado dos máis débiles, cunha capacidade infinita para poñerse na pel do outro, “negra por elección”. Negándose a ser simple espectadora, foi encadeando un reto tras outro, sen deixarse levar polo camiño máis curto e recto, nunha procura ambiciosa do “equilibrio dos extremos”, entregándose con paixón a cada unha das súas múltiples facetas: filla, irmá, nai, amiga, profesora, amante, tradutora, poeta, galegofalante…
Descargas
Citas
Abreu, Fernando e Arias, Xela (2021). Vencerse é cousa de se tratar. Performance de Fernando Abreu baixo a dirección escénica de Avelino González.
Alonso, Fran (2004). Xela e a fatalidade. En: Valentín Arias, ed. Xela Arias, quedas en nós. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 69-71.
Arias, Xela (1996). Darío a diario. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Arias, Xela (2003). Intempériome. A Coruña: Espiral Maior.
Arias, Xela (2021). Non te amola! Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Castaño, Yolanda (2021). Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Cooper, Fenimore (1993). O derradeiro dos Mohicanos. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. Tradución de Xela Arias.
Iglesias Álvarez, Ana (2002). Falar galego: “No veo por qué”. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Miramemira (2021). Xela Arias. A palabra esgazada [serie documental]. Dirixida por Damián Varela, con guión de María Yáñez. A Coruña: Real Academia Galega.
Nogueira, Mª. Xesús (2018). Xela Arias. Poesía reunida (1982-2004). Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Pena, Montse (2021). Intempestiva. Unha biografía (literaria) de Xela Arias. Vigo: Galaxia.