Follas de calendario e 'tweets'

Descargas

Publicado

24-11-2017

Cómo citar

Calvo, T. (2017) “Follas de calendario e ’tweets’”, Boletín da Real Academia Galega. A Coruña, (378), pp. 287–295. doi: 10.32766/brag.378.693.

Número

Sección

Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas

Autores/as

  • Tucho Calvo

DOI:

https://doi.org/10.32766/brag.378.693

Palabras clave:

Carlos Casares, “Á marxe”, relato

Resumo

Na infancia de Carlos Casares atópanse moitas das claves que explican tanto os argumentos como as opcións estilísticas que adopta para a longa serie dos artigos que baixo o cliché de “Á marxe” publicaría en La Voz de Galicia. Neles bosquexaba uns retratos magníficos, describía de forma maxistral con trazos sinxelos persoas e escenarios. E, máis que reflexionar a través de conceptos, prefería pensar en forma de relatos seguindo o estilo que lle imprimían as lembranzas das historias que lle contaba seu avó.

O seu artigo foi unha sorte de diario do que quedaban excluídas só as vivencias máis íntimas. Pero tamén un lugar de encontro cos seus moitos lectores aos que acollía como hóspede aberto, paroleiro e comedido, cunha brevidade e unha sinxeleza de máxima cortesía. Unha tertulia diaria á que todos están convidados. Un toque de narración oral, un anaquiño de confidencialidade, moita proximidade, certa reiteración para familiarizarse coas cousas, algunha graza e ocorrencia, tamén cousas que poidan ser novidade ou extraordinarias, algunha confesión das propias debilidades ou miserias…

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.

Citas

Calvo, Tucho (2003): O conto da vida. A Coruña: La Voz de Galicia.

Casares, Carlos (1998): Un país de palabras. Vigo: Galaxia.

Chesterton, G. K (2017): Ensayos escogidos. Barcelona: Acantilado.

Freixanes, Víctor F. (2005): “Dietario dun escritor nos xornais”, en Carlos Casares, Á marxe 1992. Obra xornalística I. Vigo: Galaxia, 9-15.

Murado, Miguel Anxo (2017): “El hombre del Palace”, La Voz de Galicia 29/X/2017.