De 'Muiñeiro de brétemas' a 'Advento': a progresión fulgurante

Descargas

Publicada

21-11-2016

Número

Sección

Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas

Autores/as

  • Darío Xohán Cabana

DOI:

https://doi.org/10.32766/brag.377.494

Palabras clave:

Aquilino Iglesia Alvariño, Uxío Novoneyra, Manuel Cuña Novás, Luís Pimentel, surrealismo, existencialismo

Resumo

Cos seus tres primeiros libros, escritos de 1949 a 1951, Manuel María constrúe xa nos arredores dos seus vinte anos unha obra poética de grande altura. Muiñeiro de brétemas simboliza por unha parte a continuidade da literatura galega, pois é a primeira obra en galego publicada por un autor novo despois da guerra civil, e pola outra inaugura a Escola da Tebra. Morrendo a cada intre é un libro de máis alto valor aínda, no que se combina unha poderosa escrita de matriz surrealista cunha angustia existencial que máis ca seguir correntes foráneas é unha expresión persoal fondamente auténtica no miserable e opresivo ambiente do franquismo. E Advento é a culminación desta primeira xeira da obra poética de Manuel María: o poeta alcanza, en xeral dentro da liña existencialista do libro anterior, unha expresión máis depurada e sabia ó servizo dunha sentimentalidade máis modulada, máis rica e asemade máis depurada, todo o cal fai que o relator considere Advento como un dos máis fermosos libros da poesía galega de todos os tempos.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.

Citas

Caño, Xosé Manuel del (1990): Conversas con Manuel María. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.

Gómez Torres, Camilo (2001): Manuel María: os traballos e os días. Santiago de Compostela: Laiovento.

Gómez Torres, Camilo (2016): A poesía de Manuel María. [Outeiro de Rei]: Casa-Museo Manuel María.

[Manuel María] (1959): “Autobiografía confidencial. Manuel María”, Vida Gallega 750, 67-68.

Matalobos Cerceda, Manuel Celso (2005): Autores do Instituto de Lugo, IES Lucus Augusti. [Lugo]: IES Lucus Agusti.

Pérez Prieto, Victorino (2000): “Poeta relixioso cristián”, en Alfonso Blanco Torrado (coord.), Manuel María. [libro homenaxe / organizado pola] Asociación Cultural Xérmolos. Lugo: Ophiusa, 389-410.

Queixas Zas, Mercedes (2016): Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María. Vigo: Galaxia.