Valentín, sempre ao seu aire: "a velas vir, e a pillalas todas"

Descargas

Publicado

09-11-2012

Cómo citar

Cochón, L. (2012) “Valentín, sempre ao seu aire: ‘a velas vir, e a pillalas todas’”, Boletín da Real Academia Galega. A Coruña, (373), pp. 133–144. doi: 10.32766/brag.373.404.

Número

Sección

Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas

Autores/as

  • Luís Cochón

DOI:

https://doi.org/10.32766/brag.373.404

Palabras clave:

Valentín Paz-Andrade, biografía conformada, autobiografía, memoria de si propio, moitos eus dentro da mesma ipseidade, cursus honorum, articulación dun prócer, a vividura, encontrarse o autor consigo mesmo

Resumo

“... para conformar unha biografía, a de Valentín, que parece ter sido inventada para o seu propio eu: os moitos eus que foi, a un tempo, Paz-Andrade, en moita parte, escrita pola súa man, sen que ninguén lle levase a contraria. Ítem máis: sabemos do autor, o que o propio autor quixo que souberamos de seu. Foise abastecendo dos diarios correspondentes, documentos –por mínimos que foran, algúns menos que outros– fotografías, crónicas, novas, conferencias, discursos, cursos, afáns. Intuíu o lugar e as ocasións onde tiña que estar. E sóuboo. Consolidou unha biografía, que aínda non era a súa, a forza de aprioris, e remachada a base de posterioris, co expurgo –a ollos vistos– de canto non era conveniente para a súa imaxe e figura, dentro do cursus honorum que artellou o seguimento dun prócer.
Doutro modo: a biografía de Valentín non é consecuencia dos feitos da súa vida (que tamén), senón alicerce dunha peripecia vital á que parece ser chamado polos propios feitos. Alguén pode encontrarse vivindo. Valentín sabíase importante, moito antes de ser importante, e todo iso, hai que saber facelo, encontrándose ou non. Será verdade que carácter é destino, como quería Malraux?”.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.