Por unha canonización (que non beatificación) da obra de Lois Pereiro

Descargas

Publicado

09-11-2011

Cómo citar

Queixas Zas, M. (2011) “Por unha canonización (que non beatificación) da obra de Lois Pereiro”, Boletín da Real Academia Galega. A Coruña, (372), pp. 183–197. doi: 10.32766/brag.372.387.

Número

Sección

Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas

Autores/as

  • Mercedes Queixas Zas

DOI:

https://doi.org/10.32766/brag.372.387

Palabras clave:

Actualidade literaria, revisión do canon, inclusión didáctica, superación de prexuízos, innovación educativa, Lois Pereiro e o currículo académico

Resumo

O obxectivo desta comunicación quere promover unha reflexiva chamada de atención a respecto da importancia / necesidade de non deixarmos morrer a Lois Pereiro definitivamente. Agora que tivemos a oportunidade de (re)descubrírmolo como poeta, de coñecérmolo como narrador e ensaísta, sería mágoa imperdoábel renunciarmos para sempre á súa obra, máxime cando a súa conexión coa sociedade, ao longo de 2011, acadou cotas tan altas de recoñecemento popular.
Cada un, cada unha de nós ten a súa chave persoal para evitar que esta porta por fin aberta, desde a Real Academia Galega, sexa ferreamente trancada para as xeracións futuras, porque coñecermos o tempo de Lois Pereiro axuda a interpretarmos o que a nós nos toca vivir e construír.
Quer como editores quer como tradutores, investigadoras, docentes, desde a máxima teorización crítica até a transmisión e comprensión dos seus poemas e das súas reflexións, a obra madura, moderna e próxima de Lois debe ocupar tamén o noso tempo, individual e colectivo.
Eis a importancia de que o potencial lectorado futuro, que hoxe estamos a coeducar, desde a escola, non permaneza illado para, consecuentemente, prescindir inconscientemente, dunha voz literaria propia que enaltece, desde a brillantez, o canon literario galego

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.