Innovacións léxicas no campo das novas tecnoloxías e das redes sociais: alternativas para o galego

Zeltia Blanco Suárez, Inés Veiga Mateos

Resumo


Os campos da informática e das novas tecnoloxías experimentaron importantes avances nas últimas décadas e mesmo revolucionaron as nosas formas de comunicación. Todo isto trouxo consigo, como xa ten acontecido noutros ámbitos, unha inxente cantidade de anglicismos, aos que na maior parte das veces resulta case imposible facerlles fronte con éxito. Este artigo ofrece unha revisión dalgúns dos neoloxismos máis recentes nas áreas das novas tecnoloxías e das redes sociais, analiza a súa orixe e uso na lingua galega e propón denominacións propias alternativas.

Palabras clave


Terminoloxía, redes sociais, novas tecnoloxías, galego

Texto completo:

PDF


Cadernos de Lingua
ISSN: 1130-5924
ISSN-e: 2603-6975
Real Academia Galega