A oración en galego medieval (AOGM): O banco de datos sintácticos medievais do ILG

Alexandre Rodríguez Guerra

Resumo


Esta contribución presenta por primeira vez un proxecto que xira ó redor do estudo da estrutura da cláusula en galego medieval: AOGM. Aproximámonos ó camiño que AOGM percorreu ó longo dunha década e facémolo a través dunha perspectiva descritiva moi xeral, orientada cara a tres vértices: os dous primeiros asócianse, basicamente, a cada un dos dous programas informáticos que xestionaron a base de datos sintáctica; o terceiro é unha recompilación e avaliación dos resultados alcanzados.


Palabras clave


Galego medieval, Sintaxe histórica, Proxecto AOGM

Texto completo:

PDF


Cadernos de Lingua
ISSN: 1130-5924
ISSN-e: 2603-6975
Real Academia Galega