A prosodia de Camelle: descrición acústica dunha fala

Ana Belén Escourido Pernas

Resumo


Preséntase o Córpora e a metodoloxía que o grupo galego do proxecto Atlas Multimedia Prosodique de l’Espace Roman (AMPER) emprega nas súas investigacións. E seguindo estas pautas descríbese o comportamento dos principais índices acústicos da prosodia (F0, duración e enerxía), a partir das gravacións feitas a unha informante feminina natural do concello de Camelle, na Costa da Morte.


Palabras clave


prosodia, dialectoloxía, focalización, clash acentual

Texto completo:

PDF


Cadernos de Lingua
ISSN: 1130-5924
ISSN-e: 2603-6975
Real Academia Galega