Envíos

Envíos en liña

Xa tes nome de usuaria/o e contrasinal para Cadernos de Lingua?
Vai a identificación

Precisas un nome de usuario/a e contrasinal?
Vai a rexistro

Compre rexistrarse e identificarse para poder enviar artígos en liña e para comprobar o estado dos envíos.

 

Normas para autores/as

NORMAS DE ENTREGA DE ORIXINAIS PARA PUBLICACIÓN

Artigos

  1. Os Cadernos de Lingua están dedicados á publicación de traballos de investigación sobre calquera aspecto da lingua galega, así como á difusión de notas e informacións lingüísticas relevantes para o coñecemento e a promoción da lingua na sociedade. Tamén se publican recesións de obras de interese para eses mesmos fins.
  2. A lingua de publicación é o galego, aínda que excepcionalmente poderán aparecer traballos escritos en portugués ou noutras linguas.
  3. Os traballos deberán conter material non publicado nin presentado para a súa publicación en ningún outro medio de difusión.
  4. Para poder enviar traballos en liña, e para poder comprobar o estado dos traballos enviados, o autor debe rexistrarse previamente cubrindo o formulario pertinente no seguinte enderezo: http://publicacions.academia.gal/index.php/Cadernos/user/register. Unha vez rexistrado poderá acceder á revista co seu nome de usuario e o contrasinal.
  5. O texto será sometido a revisión por pares, polo que debe vir sen marcas de autoría. Debe cubrirse separadamente un formulario complementario co título, nome de autor(es), información sobre adscrición institucional, enderezo de contacto, que se atopa na plataforma da revista. A decisión final sobre a publicación correspóndelle ao Consello de Redacción.
  6. O proceso de avaliación desde a recepción do orixinal ata a resposta ao autor ou autora non durará máis de dous meses. No caso de que o traballo precise correccións, á vista dos informes, o autor ou a autora disporá do prazo de un mes para devolver o orixinal corrixido.
  7. A entrega dos traballos para a publicación en Cadernos de Lingua implica a cesión do seu dereito de explotación e copia. Esta cesión ten por finalidade a protección do interese común de autores e editores.
  8. O texto deberá entregarse en versión definitiva. Unha vez recibidos os orixinais non se permitirá facer modificacións nin engadidos que afecten significativamente ao proceso de edición.
  9. O corpo utilizado nos parágrafos normais do texto será 11, con entreliñamento sinxelo e cunha extensión dun mínimo de 20.000 e un máximo de 40.000 caracteres por artigo.
  10. O artigo virá acompañado dun resumo (que non debe exceder as duascentas palabras) e das palabras chave (máximo oito) ambos en galego e en inglés.
  11. Recoméndase que o texto teña, como máximo, tres niveis de encabezamentos, numerados correlativamente 1., 2., 3., 4. / 1.1., 1.2., 1.3., 1.4./ 1.1.1., 1.2.1., 1.3.1., 1.4.1 etc., segundo o seu nivel na xerarquía.
  12. As referencias á bibliografía no texto faranse conforme o modelo de citación internacional:
    • Dentro do texto e das notas, as referencias bibliográficas faranse de xeito abreviado, por medio do apelido do autor ou autores, o ano e, de ser o caso, o número da páxina, coma nestes exemplos: (Ferreira 1989: 47), (Ferreira/Amoedo 1999: 17n), (Ferreira 1996b). A referencia completa reservarase para a bibliografía final.
    • Ao final, incluiranse por extenso as referencias bibliográficas das obras citadas ao longo do texto. Exemplos:
      • Kabatek, Johannes (1996): Die Sprecher als Linguisten. Interferenz-und Sprachwandelphänomene dargestellt am Galicischen der Gegenwart. Tübingen: Max Niemeyer.
      • González González, Manuel e Xosé Luís Regueira (2016): “Galicia en los inicios de los estudios de fonética acústica dentro del estado español”, en Ana María Fernández Planas (ed.), 53 reflexiones sobre aspectos de la fonética y otros temas de lingüística. Barcelona: Universitat de Barcelona, 373-382.
      • Cabré, M. Teresa (2009): “Technologie et terminologie : changements métdologiques et épistémologiques”, Cahiers de lexicologie 94, 31-56.
      • TILG = Santamarina, Antón (dir.): Tesouro informatizado da lingua galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. http://www.ti.usc.es/TILG/ [consulta en maio-setembro 2011].
  13. As citas textuais que se fagan dentro do texto principal deberán adoptar dous formatos diferentes: se non superan as cinco liñas, irán dentro do parágrafo, co mesmo tipo de letra, entre comiñas; as citas máis longas poñeranse en parágrafo á parte, sen comiñas, con sangría pola esquerda e letra de corpo 10. En ningún caso se empregarán as cursivas.
  14. As notas do texto principal situaranse ao pé e estarán numeradas de xeito correlativo, en corpo 10. Non se incluirán aquí as referencias bibliográficas por extenso, para evitar a proliferación de notas no rodapé.
  15. Táboas/cadros. Realizaranse utilizando o comando específico de “edición de táboas”. As táboas ou cadros deben cumprir as seguintes normas: 1) irán numerados correlativamente (Táboa 1, Táboa 2 etc.); 2) levarán un encabezamento conciso. Farase referencia ás táboas ou cadros no texto principal. Exemplo: (Vid. táboa 1).
  16. Gráficos. Presentaranse orixinais con calidade para seren dixitalizados. No seu caso, tamén se poden presentar nun arquivo informático (preferentemente Excel). Neste caso recoméndase incluír na mesma páxina o gráfico e mais a táboa de datos. Sempre irán numerados de xeito correlativo (Gráfico 1, Gráfico 2 etc.). (Farase referencia aos gráficos no texto principal. Exemplo: (Vid. gráfico 1)).
  17. Fotografías, ilustracións, mapas, planos. Poderán presentarse orixinais con calidade para seren dixitalizados. Se o autor prefire presentar arquivos informáticos, recoméndase cumprir os seguintes parámetros:
    • Mapas, debuxos, planos, gravados: a dixitalización farase en “modo liña” ou “mapa de bits” (non se recomenda o modo “escala de grises”); a resolución será de 1200 ppp.
    • Fotografías: dixitalizaranse cunha resolución de 300 ppp. Resolucións inferiores a 225 ppp non son recomendables.
    Recoméndanse os seguintes formatos de arquivo: .TIFF, .EPS, .JPG.
    Irán numerados de xeito correlativo (Fig. 1, Fig. 2 etc.) con números arábigos.
    Farase referencia aos gráficos no texto principal. Exemplo: (Vid. Fig.1).
  18. Os materiais complementarios (táboas, gráficos, imaxes, mapas...) deben acompañarse do recoñecemento da fonte e da autoría, e, no seu caso, dos correspondentes permisos de uso e reprodución.
  19. Os autores poden solicitar que se lles envíen as primeiras probas para corrixir. Admitiranse só correccións tipográficas e ortográficas e, sempre a xuízo dos editores, aqueles engadidos ou eliminacións de texto que non afecten á maqueta da publicación.
  20. Os orixinais que non se suxeiten ás anteriores normas serán devoltos aos seus autores para a súa corrección.

Notas

Seguiranse os mesmos criterios ca para os artigos, pero a extensión deberá estar comprendida entre 7.000 e 20.000 caracteres.

Recensións:

As recensións deben levar a referencia bibliográfica completa. A extensión máxima dunha recensión será de 10.000 caracteres. Deben presentarse en Times New Roman, corpo 11, espazo simple.

 

Listaxe de comprobación de preparación de envíos

Como parte do proceso de envío, pídeselles aos autores que indiquen que o seu envío cumpra con todos os elementos que se indican de seguido, e que acepten que aqueles envíos que non cumpran con estas indicacións poidan ser devoltos ao autor.

  1. A achega non foi publicada anteriormente, nin se presentou a outra revista (ou achegouse unha explicación en Comentarios ao editor).
  2. O ficheiro enviado está en formato OpenOffice, Microsoft Word, ou RTF.
  3. Cando foi posible engadíronse enderezos web para as referencias.
  4. O texto ten interliñado simple; o tamaño da fonte é 11 puntos; úsase letra cursiva e non subliñado (agás nos enderezos URL); todas as ilustracións, figuras e táboas están dentro do texto no lugar en que lles corresponde .
  5. O texto segue as indicacións bibliográficas e de estilo sinaladas nas Normas para autores/as, que se poden achar en Sobre a revista.
  6. Se está a enviar a unha sección da revista que se revisa por pares, ten que se asegurar de que as instrucións que se indican en Asegurando unha revisión a cegas foron seguidas.
 

Nota de copyright

Os autores que publican nesta revista están de acordo cos termos a seguir:

  1. Os autores conservan os dereitos de autor e garanten á revista o dereito de ser a primeira publicación do traballo e ser licenciado baixo unha Creative Commons Attribution License que permite a outros compartir o traballo cun recoñecemento da autoría do traballo e a publicación inicial nesta revista.
  2. Os autores poden establecer por separado acordos suplementarios para a distribución non exclusiva da versión da obra publicada na revista (por exemplo, colocar o traballo nun repositorio institucional ou publicalo nun libro), cun recoñecemento da súa publicación inicial nesta revista.
  3. Permítese e anímase aos autores a difundiren os seus traballos en formato electrónico (por exemplo, en repositorios institucionais ou na súa propia páxina web) antes e durante o proceso de envío, xa que pode dar lugar a intercambios produtivos, así como a unha citación maior e máis temperá dos traballos publicados (Véxase The Effect of Open Access) (en inglés).

 

Declaración de privacidade

Os nomes e enderezos de correo electrónicos inseridos nesta revista usaranse exclusivamente para os fins declarados por esta revista e non estarán dispoñibles para ningún outro propósito ou outra persoa.