Nº 377 (2016)

Manuel María

Este número do noso vello Boletín (377) debrúzase, esencialmente, sobre o escritor Manuel María (1929-2004) a quen a Academia lle dedicou, no ano 2016, o Día das Letras Galegas. En realidade, o día suscitou actividades literarias durante os doce meses dese ano, moi fecundo en conferencias, recitais, representacións teatrais, concertos... dentro e fóra das aulas. Cómpre aclarar que Manuel María, antes do ano 2016 (e mesmo antes de 2004, ano do seu pasamento), xa fora obxecto de non poucos estudos, algúns moi valiosos.

O noso presente volume acolle vinte colaboracións nas que se abordan non só aspectos da vida de Manuel María senón cuestións moi representativas da súa polifacética obra literaria (poesía, narrativa, teatro, proxección na escola, características do seu galego literario, compromiso político,...). Non é arriscado afirmar que este volume constitúe unha peza fundamental na bibliografía sobre o escritor, volume que os estudosos do futuro terán que ter moi en conta.

Como acontece, desde hai moitos anos, este número do noso Boletín atende outras dúas seccions, a de “Traballos de investigación e estudo” e a de “Recensións”. Acolle a primeira un estudo de Sociolingüística de Henrique Monteagudo, secretario da RAG, e dous artigos, de Vicente Feijoo e de Luz Méndez, presentados na V Jornada de la Comisión Especializada de Nombres Geográficos (CENG), celebrada en Madrid o 3 de abril de 2017.

Na sección de Recesións, o académico Xesús Ferro Ruibal fai unha ampla reseña, sobre o humorismo do Quixote, orixinal interpretación de Siro López Lorenzo. Como noutros números, este Boletín dedica as páxinas pertinentes á vida oficial da RAG.

A Academia ten a esperanza de que este número 377 do noso Boletín sexa útil a cantas persoas se dedican ós temas abordados nas súas páxinas.

Número completo

Ver ou descargar o número completo PDF

Táboa de contidos

Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas

Darío Xohán Cabana
PDF
9 - 28
Marta Dacosta Alonso
PDF
29 - 49
Manuel López Foxo
PDF
51 - 60
Rosalía Fernández Rial
PDF
61 - 69
Camilo Gómez Torres
PDF
71 - 82
Mercedes Queixas Zas
PDF
83 - 97
Carme Fernández Pérez-Sanjulián
PDF
99 - 112
Xosé Ramón Freixeiro Mato
PDF
113 - 131
Henrique Rabuñal
PDF
133 - 154
Montse Penas Presas
PDF
155 - 168
Xurxo Souto
PDF
169 - 177
Xosé Estévez
PDF
179 - 209
Carlos Quiroga
PDF
211 - 230
María Pilar García Negro
PDF
231 - 238
Antón Lopo
PDF
239 - 244
Xosé Lois García
PDF
245 - 264
Fina Casalderrey
PDF
265 - 287

Alocucións académicas no Día das Letras Galegas

Manuel María, activista da verdade
Manuel Rivas Barrós
PDF
291 - 293
Resistencia e dereito á renacenza
Margarita Ledo Andión
PDF
295 - 299
Manuel María, o poeta
Darío Xohán Cabana
PDF
301 - 307

Traballos de investigación e estudo

Henrique Monteagudo
PDF
311 - 331
Vicente Feijoo Ares
PDF
333 - 364
Luz Méndez Fernández
PDF
365 - 386

Recensións

Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo
Xesús Ferro Ruibal
PDF
389 - 400

Vida oficial

Vida oficial da RAG
Real Academia Galega
PDF
403 - 438