Nº 362 (2001)

Eladio Rodríguez González

Este número, o 362 do noso Boletín, está dedicado a tres temas literarios moi vencellados, dun xeito ou doutro, á Academia.

A primeira parte do Boletín acolle traballos de investigación sobre a vida e a obra literaria de don Eladio Rodríguez González, que foi académico numerario desde o inicio da nosa institución (1906) e tamén secretario (1920-1926) e presidente (1926-1934) da mesma.

A Academia, que lle tributou unha homenaxe no seu lugar natal (San Clodio, Leiro) no quincuaxésimo aniversario do seu pasamento (1949-1999), dedícalle, neste 17 de maio do ano 2001, o Día das Letras Galegas. Nesta primeira parte tamén se publica un texto de homenaxe: o soneto escrito “ad hoc” por Xosé Carlos Gómez Alfaro.

A segunda parte acolle traballos sobre o tempo histórico e a obra poética de Manuel Curros Enríquez, traballos cos que a nosa Academia súmase ó conxunto de estudios que a figura do gran escritor está suscitando neste ano, o CL do seu nacemento.

Sobre Curros Enríquez e José Fontenla Leal trata a terceira parte do Boletín. Sabido é que o inesquecible litógrafo ferrolán e o gran poeta emigrado foron homes claves na Habana da “Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega”, institución que, desde alén mar, propiciou en Galicia a creación e constitución da Academia Galega. O presente traballo inscríbese no esquema preparatorio dos actos e estudios con que en datas moi próximas (2005, 2006) a Academia conmemorará o seu centenario.

Na sección de Documentos, o Boletín publica o estudio do académico numerario señor Ferro Ruibal sobre un valioso texto medieval obrante nos arquivos da nosa institución. É propósito da Academia, a partir desta data, dar a coñecer os textos inéditos que obran na institución nunha revista que, co título Letras da Academia, terá como obxectivo esencial o de exhuma-las páxinas valiosas ou interesantes que garda a Academia.

O Boletín, que é o órgano central da Academia, ofrece, preceptivamente, na súa sección de “Vida oficial”, a crónica referida ó ano 2000, e, dentro dela, as correspondentes necrolóxicas.

Número completo

Ver ou descargar o número completo PDF

Táboa de contidos

Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas

X.C. Gómez Alfaro
7
Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda
9 - 67
Concepción Delgado Corral
69 - 79
Olivia Rodríguez González
81 - 95
Isabel Seoane
97 - 133

Homenaxe a Manuel Curros Enríquez

Xesús Alonso Montero
137 - 147
Xosé Ramón Barreiro Fernández
149 - 168
Arcadio López-Casanova
169 - 198

Homenaxe a José Fontenla Leal

Xosé María Dobarro
203 - 266

Documentos

Xesús Ferro Ruibal
271 - 312

Vida oficial

Real Academia Galega
317 - 332