Algunhas claves sobre a poesía de Antonio Fernández Morales

José Luís Puerto

Resumo


O poeta berciano Antonio Fernández Morales (1817-1896) escribe tanto en castelán, como en dialecto berciano (modalidade, neste caso, do galego). Participa dalgunhas das correntes poéticas da segunda metade do século XIX (continuidade do romanticismo, poesía civil e de expresión grandilocuente, de circunstancias) e trata temas como o local, o familiar e íntimo, o amoroso, o relixioso, así como o civil e patriótico. Pero a súa maior importancia reside en que está na raíz poética do Rexurdimento galego, debido á súa obra Ensayos poéticos en dialecto berciano (1861), cuxa publicación se anticipa en dous anos aos Cantares gallegos (1863), de Rosalía de Castro.


Palabras clave


Antonio Fernández Morales; poesía; século XIX; español; galego; precedente; Rexurdimento; Rosalía de Castro

Texto completo:

PDF

Citas


Fernández Morales, Antonio (1876): Ensayos poéticos. Toledo: [s.n.].

Fernández Morales, Antonio (2003): Ensayos poéticos en dialecto berciano. Ponferrada: Instituto de Estudios Bercianos.

Fernández Morales, Antonio (2007): Espacio de topacio (Antología poética). Biblioteca Leonesa de Escritores, 51. Trobajo del Camino (León): Edilesa. Edición de José A. Balboa de Paz.

Palenque, Marta (1990): El poeta y el burgués (Poesía y público 1850-1900). Sevilla: Alfar.




DOI: https://doi.org/10.32766/brag.378.714


Copyright (c) 2018 Boletín da Real Academia Galega

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega