Carlos Casares e a cortesía co lector

Gonzalo Navaza

Resumo


A Fundación Carlos Casares conserva variantes inéditas de varias das obras de Carlos Casares previas á edición definitiva. Eses inéditos infórmannos dalgúns aspectos do proceso de revisión dos textos por parte do autor. A comparación de tres versións de Deus sentado nun sillón azul (1996) e a evocación dalgunha anécdota de Casares permiten certas reflexións sobre a súa poética e sobre algúns pormenores do seu oficio de escritor. As modificacións que se introducen nas sucesivas versións teñen sempre por obxecto a simplificación, a sinxeleza, a transparencia.


Palabras clave


Carlos Casares; estilo; revisión de textos; Deus sentado nun sillón azul

Texto completo:

PDF

Citas


Casares, Carlos ([1994]): Deus sentado nun sillón azul. [Inédito. Incompleto]. Copia impresa en folios soltos sen numerar. Fundación Carlos Casares.

Casares, Carlos ([1995]): Deus sentado nun sillón azul. [Inédito. Completo]. Copia impresa en 189 folios numerados, perforados no lateral esquerdo para a encadernación manual. Fundación Carlos Casares.

Casares, Carlos ([1995]): Deus sentado nun sillón azul. [Inédito. Completo]. Copia impresa en 188 folios numerados. Fundación Carlos Casares.

Casares, Carlos (1996): Deus sentado nun sillón azul. Vigo: Galaxia.

Gutiérrez Izquierdo, Ramón (2000): Lecturas de nós. Introdución á literatura galega. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.

Monteagudo, Henrique (2017): Carlos Casares. Un contador de historias. Vigo: Galaxia.




DOI: https://doi.org/10.32766/brag.378.684


Copyright (c) 2018 Boletín da Real Academia Galega

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega