O difícil xogo das transparencias

Antón Riveiro Coello

Resumo


Este artigo é un breve percorrido pola narrativa de Carlos Casares co
obxecto de salientar os atrancos que el foi atopando até chegar ao seu estilo
transparente, á súa voz clara, centrada na suxestión e nunha teimuda paixón
pola oralidade, aspecto crucial na súa literatura, ateigada dunha importante
atmosfera coloquial. Dende os primeiros relatos de Vento ferido até a novela
póstuma O sol do verán, analizamos o papel fundamental que o autor desenvolve
no xogo galego, virando en verdadeira alternativa para acadar a universalidade
da nosa literatura, sempre dende o noso, vestindo o pracer do realismo
coas técnicas máis anovadoras do século XX, e trasladando así toda a frescura
e espontaneidade da narración oral ao relato máis culto.


Palabras clave


Carlos Casares; transparente, narrativa; oralidade; xogo galego; realismo; espontaneidade

Texto completo:

PDF

Citas


Bermúdez Montes, Teresa (2009): “Ramón Piñeiro, Carlos Casares e a Nova Narrativa”, Revista de Investigación en Educación 6, 104-112.

Calvo, Tucho (2003): Carlos Casares. O conto da vida. A Coruña: La Voz de Galicia.

Carballa, Xan (1996): “Carlos Casares: O PSOE galego estase equivocando de maneira dramática [Entrevista]”, A Nosa Terra 720, 12-13.

Casares, Carlos (2003): “O morcego e as bolboretas. Ensaio de autopoética”, en Francisco Díaz-Fierros Viqueira e Henrique Monteagudo (coords.), Carlos Casares: a semente aquecida da palabra. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 273-277.

Freixanes, Víctor F. (1976): “Carlos Casares. Os dereitos do escritor”, en Unha ducia de galegos. Vigo: Galaxia, 273-294.

González Tosar, Luís (2017): “Carlos Casares e a súa obra. Unha entrevista recuperada”, Raigame 40, 101-114.

Monteagudo, Henrique (2017): Carlos Casares. Un contador de historias. Vigo: Galaxia.

Moutinho, José Viale (2004): “A alegría de o escoitar”, en Xan Carballa e Damián Villalaín (eds.), Carlos Casares. Os amigos, as imaxes, as palabras. Vigo: A Nosa Terra, 119-128.

Noia Campos, M.ª Camino (1992): A nova narrativa galega. Vigo: Galaxia.

Piñeiro Pais, Laura (2015): “Identidade e alteridade en Vento ferido de Carlos Casares”, Madrygal 18 [Núm. Especial], 127-137.

Tarrío Varela, Anxo (2003): “A obra narrativa de Carlos Casares”, Revista Galega do Ensino 38, 15-45.

Villalaín, Damián (2012): “Fragmentos para un achegamento a Carlos Casares”, Grial 196, 48-53.

Villanueva, Malores (2017): “Conversa con Bieito Iglesias”, Raigame 40, 11-15.




DOI: https://doi.org/10.32766/brag.378.677


Copyright (c) 2018 Boletín da Real Academia Galega

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega