"Andando a terra" ou a construcción dun espazo simbólico

Carme Fernández Pérez-Sanjulián

Resumo


Os artigos de Manuel María publicados entre 1977 e 1989 na sección “Andando a Terra” do xornal A Nosa Terra, sob o pseudónimo de Manuel Hortas Vilanova, son utilizados neste traballo como microcosmos onde observar determinados núcleos temáticos que, a modo de columna vertebral, organizan o conxunto do discurso do seu autor. A análise detense especialmente no conxunto de artigos centrados na construción dun discurso autorreferencial nacionalista; neles revísanse as estratexias a través das cales o autor delimita tanto o espazo, como o núcleo simbólico da nación, aquí practicamente sinónimo de grupo letrado. Sublíñase a relevancia deste procedemento, non só como elemento lexitimador do nacionalismo, senón tamén como creador de referentes imprescindíbeis nun país negado, necesitado de conformar a súa propia narración nacional.


Palabras clave


Manuel María; “Andando a Terra”; xornalismo cultural; nacionalismo galego; grupo letrado; construción nacional

Texto completo:

PDF


##submission.copyrightStatement##

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega