De Muiñeiro de brétemas a Advento: a progresión fulgurante

Darío Xohán Cabana

Resumo


Cos seus tres primeiros libros, escritos de 1949 a 1951, Manuel María constrúe xa nos arredores dos seus vinte anos unha obra poética de grande altura. Muiñeiro de brétemas simboliza por unha parte a continuidade da literatura galega, pois é a primeira obra en galego publicada por un autor novo despois da guerra civil, e pola outra inaugura a Escola da Tebra. Morrendo a cada intre é un libro de máis alto valor aínda, no que se combina unha poderosa escrita de matriz surrealista cunha angustia existencial que máis ca seguir correntes foráneas é unha expresión persoal fondamente auténtica no miserable e opresivo ambiente do franquismo. E Advento é a culminación desta primeira xeira da obra poética de Manuel María: o poeta alcanza, en xeral dentro da liña existencialista do libro anterior, unha expresión máis depurada e sabia ó servizo dunha sentimentalidade máis modulada, máis rica e asemade máis depurada, todo o cal fai que o relator considere Advento como un dos máis fermosos libros da poesía galega de todos os tempos.


Palabras clave


Aquilino Iglesia Alvariño; Uxío Novoneyra; Manuel Cuña Novás; Luís Pimentel; surrealismo; existencialismo

Texto completo:

PDF

Citas


Caño, Xosé Manuel del (1990): Conversas con Manuel María. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.

Gómez Torres, Camilo (2001): Manuel María: os traballos e os días. Santiago de Compostela: Laiovento.

Gómez Torres, Camilo (2016): A poesía de Manuel María. [Outeiro de Rei]: Casa-Museo Manuel María.

[Manuel María] (1959): “Autobiografía confidencial. Manuel María”, Vida Gallega 750, 67-68.

Matalobos Cerceda, Manuel Celso (2005): Autores do Instituto de Lugo, IES Lucus Augusti. [Lugo]: IES Lucus Agusti.

Pérez Prieto, Victorino (2000): “Poeta relixioso cristián”, en Alfonso Blanco Torrado (coord.), Manuel María. [libro homenaxe / organizado pola] Asociación Cultural Xérmolos. Lugo: Ophiusa, 389-410.

Queixas Zas, Mercedes (2016): Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María. Vigo: Galaxia.




Copyright (c) 2018 Boletín da RAG

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega