Xosé Filgueira Valverde e a Fundación Barrié

Xosé Carlos Valle Pérez

Resumo


A Fundación Barrié naceu formalmente o 5 de novembro de 1966, día no que está datada a Escritura Pública dos seus Estatutos. O primeiro testemuño escrito conservado que documenta a relación persoal de Xosé Filgueira Valverde coa entidade procede do 29 de abril de 1968, día no que Joaquín Arias, daquela Secretario da Fundación, lle escribe unha carta para agradecerlle o traballo que realizara nas Comisións Primeira e Segunda da mesma. Este tímido vínculo inicial foi asentando pouco a pouco, converténdose Xosé Filgueira, finalmente, nunha persoa esencial para a Fundación no campo das Humanidades.
Foron moitas e moi diversas as iniciativas promovidas pola Fundación Barrié nas que colaborou Xosé Filgueira Valverde. Tiveron unha especial significación as relacionadas co Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e o Museo de Pontevedra. Neste, a imaxe e semellanza do que para ese ámbito de referencia fixera entre 1923 e 1936 o Seminario de Estudos Galegos, puxo en marcha en 1973, consolidándoa en 1979 coa firma dun convenio de cooperación coa Fundación Barrié, a Catalogación Arqueolóxica e Artística de Galicia. A ela vincularíanse proxectos de investigación e publicacións de enorme valor para o coñecemento e difusión do Patrimonio Monumental de Galicia.


Palabras clave


Fundación Barrié; Museo de Pontevedra; Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra; Seminario de Estudos Galegos; Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos; música tradicional; patrimonio arqueolóxico e artístico de Galicia; catalogación

Texto completo:

PDF

Citas


Bango Torviso, Isidro Gonzalo (1979): Arquitectura románica en Pontevedra. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Fandiño Veiga, Xosé Ramón (2003): Juan López Suárez ou “Xan de Forcados”, home de ciencia e impulsor das melloras culturais en Galicia. Sada: Ediciós do Castro.

Fernández Galiano, M. (1980): “La Fundación Pastor de Estudios Clásicos”, en Veinticinco años de la Fundación Pastor. Cuadernos de la Fundación Pastor, 26. Madrid: Fundación Pastor de Estudios Clásicos, 9-13.

Filgueira Valverde, Xosé (1943): “Azabaches compostelanos del Museo de Pontevedra”, El Museo de Pontevedra II, 7-22.

Filgueira Valverde, Xosé (1948): “Don Casto Sampedro y su Sociedad Arqueológica”, El Museo de Pontevedra V, 16-49.

Filgueira Valverde, Xosé (1972): “Donaciones Pastor. Dos tablas del Maestro de Torralba, siglo XV”, El Museo de Pontevedra XXVI, 71-73.

Filgueira Valverde, Xosé (1973): “Prólogo”, en Eduardo Martínez Torner e Jesús Bal y Gay, Cancionero Gallego. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, vol. I, 9-12.

Filgueira Valverde, Xosé (1977): “Presentación”, en Casimiro Torres, El reino de los suevos. La Coruña: Fundación Barrié de la Maza, VII-VIII.

Filgueira Valverde, Xosé (1990): “A «Comisión de Estudios en Galicia» da «Junta para la Ampliación de Estudios»”, en VI-Adral. Sada: Ediciós do Castro, 140-152.

Filgueira Valverde, Xosé e Alfredo García Alén (1975): “Adiciones a la «Carta Arqueológica de la Provincia de Pontevedra». Inventario de localidades con hallazgos paleolíticos”, El Museo de Pontevedra XXIX, 59-88.

Filgueira Valverde, Xosé e Alfredo García Alén (1978): “Inventario de monumentos megalíticos”, El Museo de Pontevedra XXXI, 51-130.

Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa (1988): 20 años de la Fundación: I centenario de D. Pedro Barrié de la Maza. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.

García Alén, Alfredo (1963): “El Museo de Pontevedra durante 1962”, El Museo de Pontevedra XVII, IX-XVI.

García Alén, Alfredo (1972): “Museo de Pontevedra. Memoria 1971”, El Museo de Pontevedra XXVI, 9-34.

García Alén, Alfredo (1973): “Patronato del Museo de Pontevedra. Memoria, 1972”, El Museo de Pontevedra XXVII, 9-47.

González Pérez, Clodio (1975): San Pedro de Angoares. Módulo para la memoria de una parroquia. Pontevedra: Museo.

Groba González, Xavier (2012): Casto Sampedro e a música do cantigueiro galego de tradición oral. 2 vols. Redondela: Concello.

Iglesias, Antonio (1994): Música en Compostela (1958-1974). Vol. I. [Santiago de Compostela]: Consorcio de Santiago.

Mato, Alfonso (2001): O Seminario de Estudos Galegos na documentación que garda o Instituto Padre Sarmiento. Sada: Ediciós do Castro.

Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo (2005): O Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento”. Sesenta anos ó servicio de Galicia (1944-2004). Santiago de Compostela: Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento”.

Valle Pérez, Xosé Carlos (2003): “O Museo de Pontevedra: pasado, presente e futuro”, en Xosé Carlos Valle Pérez (ed.), 75 obras para 75 anos. Exposición conmemorativa da fundación do Museo de Pontevedra. Pontevedra: Museo, 11-16.

Valle Pérez, Xosé Carlos (2007a): “El contexto intelectual pontevedrés: la Sociedad Arqueológica de Pontevedra”, en Casto Sampedro y Folgar, Cancionero musical de Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 19-47.

Valle Pérez, Xosé Carlos (ed.) (2007b): Xosé Filgueira Valverde. 1906-1996. Un século de Galicia. Pontevedra: Museo.

Valle Pérez, Xosé Carlos (2015): “Xosé Filgueira Valverde e a Historia da Arte Galega”, en Luís Cochón e Laura Mariño Taibo (eds.), Filgueira Valverde homenaxe: “Quíxose con primor e feitura”. Cadernos Ramón Piñeiro XXXI. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 417-444.

Valle Pérez, Xosé Carlos (2016): “Xosé Filgueira Valverde, o Seminario de Estudos Galegos e a catalogación sistemática do patrimonio histórico-artístico de Galicia”, en Galegos/Gallegos 22, 92-95.

Villanueva, Carlos (2007): “El Cancionero que fue y el que pudo haber sido”, en Eduardo Martínez Torner e Jesús Bal y Gay, Cancionero Gallego. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 11-82.




Copyright (c) 2018 Boletín da RAG

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega