Filgueira Valverde, alcalde de Pontevedra

Rafael L. Torre

Resumo


Filgueira Valverde foi alcalde de Pontevedra, procurador en Cortes e conselleiro de Cultura; con todo a súa vertente política resultou ata agora a menos estudada da súa colosal biografía. Como rexedor da cidade do Lérez, mostrouse escrupuloso coa facenda municipal e multiplicou por tres o orzamento do Concello en oito anos e medio. Tamén realizou un magnífico labor deportivo, cultural e educativo, cuxa herdanza aínda perdura na actualidade. O urbanismo plasmou o mellor, pero tamén o peor de Filgueira como alcalde. A cara foi a firme protección da zona vella, e a cruz resultou o absoluto descontrol do novo ensanche que, ao cabo, desencadeou a súa renuncia irrevogable. Nunca renegou do seu paso pola alcaldía, pero tampouco sentiu especialmente satisfeito.


Palabras clave


Xosé Filgueira Valverde; Pontevedra; política municipal

Texto completo:

PDF


Copyright (c) 2018 Boletín da RAG

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega