Claves para unha análise estética e política do teatro de Roberto Vidal Bolaño no teatro do aquí

Inmaculada López Silva

Resumo


Nas páxinas que seguen, propóñome unha reflexión arredor das constantes artísticas do teatro de Vidal Bolaño que, a partir desa data de 1991, van conformando unha poética escénica no director e, ademais, van estabelecendo as pautas dun proxecto estético que non quere perder de vista un país e un teatro con identidade propia. Alén diso, resulta de interese abordar a posta en escena como faceta a miúdo esquecida nunha personalidade artística tan polifacética coma a de Roberto Vidal Bolaño, confrontado a un sistema teatral fortemente logocéntrico no que as liñas de canonización aínda son moi debedoras de parámetros literarios.


Palabras clave


Vidal Bolaño; teatro galego; Teatro do Aquí; análise escénica; dirección de escena

Texto completo:

PDF

Citas


Abuín González, Anxo (2013): “Doentes, o filme. Notas sobre unha adaptación”, en Anxo Tarrío (ed.), Roberto Vidal Bolaño. Día das Letras Galegas 2013. Santiago de Compostela: Universidade, 169-186.

Fernández Castro, Xosé Manuel (2011): A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño. Santiago de Compostela: Laiovento.

Franco, Camilo (2013): Dez obras na vida de Roberto Vidal Bolaño. Cesuras: Biblos Clube de Lectores.

López Silva, Inmaculada (2013): “O espectáculo total que nutre a literatura. Unha lectura da Ruada das papas e o unto”, en Roberto Vidal Bolaño, Ruada das papas e o unto. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 33-65. Edición de Inmaculada López Silva.

Vidal Bolaño, Roberto (1999a): “Xelmírez, Cortezón, o teatro histórico, o teatro total e outras cousas propias”, en Daniel Cortezón, Xelmírez ou a gloria de Compostela. Santiago de Compostela: IGAEM, 31-36.

Vidal Bolaño, Roberto (1999b): “Teatro con T maíusculo. (Arredor do teatro de don Ramón Otero Pedrayo)”, en Luís Alonso Girgado (coord.) e María Teresa Monteagudo Cabaleiro (ed.), Homenaxe ó profesor Manuel Quintáns. Santiago de Compostela: Follas Novas, 257-264.

Vidal Bolaño, Roberto (2001): “Si además creo algo de belleza, mejor”, Cuadernos de dramaturgia contemporánea 6, 20.

Vidal Ponte, Roi (2013): Fóra de portas. Paseo libre e non moi respectuoso polos tempos e lugares de Roberto Vidal Bolaño. Santiago de Compostela: Edicións Positivas.




Copyright (c) 2018 Boletín da RAG

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega