Lois Pereiro: a xeración sen rede

Xabier Cordal

Resumo


O autor comeza anotando a marxinalidade forzosa á que nos anos oitenta eran sometidas certas propostas culturais. Analiza despois os paradigmas utilizados pola crítica literaria desde 1976 para marcar as sucesivas xeracións, e advirte que se trata de etiquetas baleiras e descontextualizadas. A seguir, afirma que a conmemoración do Día das Letras na honra de Lois Pereiro será un revulsivo. O poeta Lois Pereiro, tocado polo don da verdade, pode ser lido a partir de varias xenealoxías culturais complementarias. Pertenceu a unha xeración sen rede nos duros e contrarrevolucionarios 80 e converteuse, de xeito involuntario, en portavoz desa xeración.


Palabras clave


Lois Pereiro; biografía; xeración; anos 80; taxonomías; institucións culturais; infortunio; portavoz; underground; romantismo; frustración; rede

Texto completo:

PDF


Copyright (c) 2018 Boletín da RAG

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega