Revistas

  • Cadernos de Lingua

    Cadernos de Lingua é unha revista de lingüística, centrada fundamentalmente no estudo da lingua galega, pero aberta tamén a tratar temas referidos a outras linguas que poidan ter interese directa ou indirectamente para un mellor coñecemento do galego.

  • Boletín da Real Academia Galega

    O Boletín da Real Academia Galega (BRAG) é unha publicación anual editada pola Real Academia Galega dende o ano 1906. Dende o ano 2000 está redactada enteiramente en lingua galega. Recolle traballos de investigación centrados en distintos aspectos da lingua, cultura e a literatura galegas, e mais outros contributos arredor da figura homenaxeada no Día das Letras Galegas.