Cadernos de Lingua https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/Cadernos
Cadernos de lingua é unha revista de investigación lingüística, que sen renunciar a tratar temas de investigación teórica, pretende centrarse fundamentalmente no estudo de problemas prácticos e de interese xeral.
Creouse coa finalidade de informar e orientar os traballadores da lingua e o público en xeral sobre problemas sincrónicos e diacrónicos da lingua galega dunha maneira asequible e facilmente comprensible.
gl-ES cadernos@academia.gal (Manuel González González) web@academia.gal (Juan F. Montenegro) Mon, 11 Dec 2023 00:00:00 +0000 OJS 3.3.0.6 http://blogs.law.harvard.edu/tech/rss 60 A velocidade de lectura en lingua galega. Unha aproximación https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/Cadernos/article/view/778
O establecemento da velocidade media de lectura das persoas adultas é un coñecemento necesario para asegurar a comprensibilidade dos subtítulos das obras audiovisuais ou dos audiolibros, entre outros produtos.

O estudo da velocidade en que leron os mesmos textos de ficción e de divulgación 28 persoas de diferentes idades e formación permite establecer unha media de 243 palabras por minuto na lectura silenciosa e de 167 ppm, na lectura oral.
Carme Hermida Gulías Dereitos de autor/a 2023 Cadernos de Lingua https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/Cadernos/article/view/778 Mon, 11 Dec 2023 00:00:00 +0000 Un futuro incerto: a variación ir + inf. e haber (de) + inf. no galego oral contemporáneo https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/Cadernos/article/view/820
Este traballo analiza a variación da expresión do futuro no galego oral contemporáneo. Este ten mecanismos de expresión de futuridade que van alén do futuro sintético: perífrases con ir e haber + infinitivo, por unha banda, e o uso do presente por futuro, pola outra (Álvarez & Xove 2002; Freixeiro Mato 2006). As formas con ir e haber coexisten para a referencia temporal futura e serán as protagonistas da presente investigación. Que factores lingüísticos favorecen cada unha das formas? Conserva haber + inf. usos derivados das súas orixes deónticas? Como se relacionan ambas as dúas formas cos seus respectivos procesos de gramaticalización? Para iso, reúnense 150 exemplos de futuro perifrástico (ir + inf.) e 150 exemplos de futuro con haber (haber (de) + inf.) extraídos do Corpus Oral Informatizado da Lingua Galega e codificados segundo diversos factores linguísticos. Despois dunha análise variacionista co programa estatístico Goldvarb/Vabrul, móstranse os resultados cuantitativos dos factores estatisticamente significativos. A continuación, ofrécense algunhas lecturas analíticas desta variación desde a lingüística baseada no uso. En definitiva, este traballo deita luz sobre as finas fronteiras entre temporalidade e modalidade no ámbito do futuro, así como sobre os posíbeis procesos de gramaticalización destas formas en competencia.
Daniel Amarelo Dereitos de autor/a 2023 Cadernos de Lingua https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/Cadernos/article/view/820 Mon, 11 Dec 2023 00:00:00 +0000 Contacto, cambio lingüístico e identidade nunha variedade rural do galego https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/Cadernos/article/view/833
A partir da análise da práctica lingüística de dous falantes, este traballo trata de observar de que maneira se produce actualmente o cambio lingüístico nas variedades rurais da lingua galega. Tomando como referencia os postulados da terceira vaga da sociolingüística variacionista (Eckert 2012), que propón que o cambio lingüístico se produce mediante o uso de prácticas estilísticas concretas por parte dos falantes, tratarase de determinar en que grao o galego oral de áreas rurais está sometido ao contacto con outras linguas e variedades. O obxectivo principal deste traballo é observar as dinámicas de cambio que se están a producir actualmente nas variedades rurais da lingua galega, a miúdo catalogadas como conservadoras e pouco permeables aos cambios, e intentar comprender cales son os factores principais que promoven eses cambios.
Pedro Casais Cobas Dereitos de autor/a 2023 Cadernos de Lingua https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/Cadernos/article/view/833 Mon, 11 Dec 2023 00:00:00 +0000