Cadernos de Lingua https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/Cadernos
Cadernos de lingua é unha revista de investigación lingüística, que sen renunciar a tratar temas de investigación teórica, pretende centrarse fundamentalmente no estudo de problemas prácticos e de interese xeral.
Creouse coa finalidade de informar e orientar os traballadores da lingua e o público en xeral sobre problemas sincrónicos e diacrónicos da lingua galega dunha maneira asequible e facilmente comprensible.
Real Academia Galega gl-ES Cadernos de Lingua 1130-5924 A situación sociolingüística do galego segundo os datos do IGE-2023 e a evolución nas últimas décadas https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/Cadernos/article/view/892
Na presente contribución ofrécese un extracto do Informe sobre a situación da lingua galega segundo os datos do Instituto Galego de Estatística de 2023: Análise da enquisa sobre coñecemento e uso do idioma galego (2023) e da evolución sociolingüística de Galicia (1992-2023) elaborado polo autor coa colaboración de Xaquín Loredo e Gabino Vázquez-Grandío (2024). Este informe foi presentado á Real Academia Galega e revisado por unha comisión nomeada polo seu pleno, que o debateu e aprobou. O extracto que aquí se ofrece contén unha parte descritiva e as conclusións deste informe, coa análise dos principais datos referentes ao coñecemento e uso do idioma galego e unha breve observación sobre a evolución da súa demografía. En realidade, as conclusións, aínda que elaboradas a partir dun borrador redactado polo autor, son obra colectiva da devandita comisión, e beneficiáronse de achegas importantes do pleno da Academia.
Henrique Monteagudo Dereitos de autor/a 2025 Cadernos de Lingua 2025-12-22 2025-12-22 42 7 41 10.32766/cdl.42.892 Mapa sociolingüístico escolar de Santiago de Compostela https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/Cadernos/article/view/893
As principais enquisas demolingüísticas realizadas nas últimas décadas reflicten que o número de falantes de galego é cada vez menor. A substitución lingüística do galego polo castelán debe entenderse como un proceso complexo, no sentido de poliédrico e historicamente condicionado, onde diferentes dimensións se entrelazan de forma dinámica. Unha das dimensións que cómpre atender ten que ver coa reconfiguración demográfica e socioeconómica en Galicia que afectou a distribución das linguas no territorio. Estas transformacións están ligadas ao avellentamento da poboación, á urbanización (e consecuente desruralización) e á terciarización da economía. Á altura de 2025, determinados indicadores sociais, demográficos e sociolingüísticos comprometen xa a continuidade xeracional da lingua galega.

Neste contexto, o sistema educativo convértese nun espazo clave para observar as dinámicas de desprazamento ou mantemento lingüístico, xa que nel conflúen procesos de socialización, políticas públicas e prácticas familiares. O caso de Santiago de Compostela, capital administrativa e cidade universitaria do país, ofrece un escenario especialmente relevante para a análise sociolingüística, tanto pola diversidade da súa rede escolar (público, concertado e privado) coma pola súa estrutura urbana e a mobilidade residencial que caracteriza a cidade.

Este traballo presenta unha achega de resultados do Mapa sociolingüístico escolar de Santiago de Compostela, unha investigación que combina datos sociolingüísticos e sociodemográficos recollidos entre o profesorado, o alumnado e as familias da educación primaria, secundaria e postobrigatoria da cidade. Inspirado en estudos previos como o Mapa sociolingüístico escolar de Ames, o proxecto busca identificar os factores que estruturan a distribución da poboación no ámbito escolar compostelán segundo a súa relación coas dúas linguas oficiais. A análise aquí exposta céntrase, especialmente, nas relacións entre lingua, mobilidade e territorio. O obxectivo final é integrar estes saberes sobre as dinámicas sociolingüísticas do concello desde unha lectura crítica e situada a fin de repensar as políticas lingüísticas educativas, regradas e non regradas.
Martín Vázquez Fernández Dereitos de autor/a 2025 Cadernos de Lingua 2025-12-22 2025-12-22 42 43 82 10.32766/cdl.42.893 Modo galego, actívao! Deseño, avaliación e evolución do “programa de compromiso lingüístico” https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/Cadernos/article/view/894
Modo galego, actívao! é un proxecto de dinamización lingüística desenvolvido pola Real Academia Galega e o Concello de Ames, en colaboración cos distintos axentes da comunidade educativa local. Ao seu abeiro, deseñamos, implementamos e avaliamos dis-tintas iniciativas orientadas á educación formal e non formal, co obxectivo de activar a lingua galega entre o alumnado e converter os centros de ensino en “espazos seguros” para o seu uso.

Neste artigo expoñemos o desenvolvemento, execución e resultados da primeira edición, no curso 2022-2023, dunha das actividades centrais da programación anual do Modo galego, actívao!: o “programa de compromiso lingüístico”. Tras explicar as súas prin-cipais características, exporemos os resultados da avaliación desta primeira experiencia e as sucesivas modificacións realizadas de acordo aos datos ata chegar á proposta vixente.
Gabino S. Vázquez-Grandío Rosa Moreiras Cuñarro Dereitos de autor/a 2025 Cadernos de Lingua 2025-12-22 2025-12-22 42 83 113 10.32766/cdl.42.894 Unha primeira aproximación ao léxico da personalidade en lingua galega https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/Cadernos/article/view/895
O presente traballo ten como obxectivo explorar os descritores léxicos da personalidade en galego, cun enfoque émico, en que son os propios falantes os que achegan os termos atendendo ao seu propio contexto lingüístico. O marco de referencia adoptado foi o Modelo dos Cinco Grandes da personalidade, que propón cinco dimensións fundamentais: extraversión, afabilidade, responsabilidade, neuroticismo e apertura á experiencia (Goldberg 1981).

Realizouse un estudo de acceso léxico, identificando os adxectivos máis frecuentemente evocados polos falantes de galego ao describir trazos de personalidade, levouse a cabo a análise sobre a valencia afectiva e o nivel de activación emocional e realizouse a súa categorización segundo o Modelo dos Cinco Grandes. Para consultar a frecuencia dos termos no uso escrito da lingua, recorreuse ao corpus do Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG). Os resultados mostran un predominio de termos con valencia positiva, coincidindo con estudos previos noutras linguas romances. A clasificación segundo o Modelo dos Cinco Grandes revela unha maior representación das dimensións de extraversión e afabilidade.

Esta investigación constitúe unha primeira aproximación empírica ao léxico da personalidade en lingua galega e subliña a necesidade de desenvolver recursos específicos adaptados á realidade lingüística propia.
Elena Rey García Estrella Romero Triñanes Paula Ganitsky Chemby Isabel Fraga Carou Dereitos de autor/a 2025 Cadernos de Lingua 2025-12-22 2025-12-22 42 10.32766/cdl.42.895 A variable xénero na práctica lingüística docente https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/Cadernos/article/view/896
Este artigo analiza a influencia da variable xénero nas prácticas lingüísticas do profesorado galego a partir do contraste dos datos contidos e analizados no traballo Lingua e xénero en Galicia: estado da cuestión (López-Sández, Loredo e Vázquez-Grandío 2022) e nunha investigación empírica baseada en 241 enquisas administradas a docentes de matemáticas de ensino secundario. Os resultados permiten validar algunhas das hipóteses formuladas previamente, como a maior tendencia das mulleres á converxencia lingüística e á acomodación comunicativa, así como un posible cambio nas xeracións máis novas no que atinxe á identificación co galego. Ao tempo, desbotan ou matizan outras, confirman a relevancia de incorporar a perspectiva de xénero nas investigacións sociolingüísticas e subliñan a necesidade de continuar explorando a intersección entre lingua, identidade e xénero en contextos educativos.
María López-Sández Alejandro Doval Casas Dereitos de autor/a 2025 Cadernos de Lingua 2025-12-22 2025-12-22 42 137 159 10.32766/cdl.42.896