Boletín da Real Academia Galega https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG
O Boletín da Real Academia Galega (BRAG) é unha publicación anual editada pola Real Academia Galega dende o ano 1906. Dende o ano 2000 está redactada enteiramente en lingua galega. Recolle traballos de investigación centrados en distintos aspectos da lingua, cultura e a literatura galegas, e mais outros contributos arredor da figura homenaxeada no Día das Letras Galegas.
gl-ES

publicacions@academia.gal (Nélida Cosme) web@academia.gal (Juan F. Montenegro) Mon, 20 Apr 2026 00:00:00 +0000 OJS 3.3.0.6 http://blogs.law.harvard.edu/tech/rss 60 Ao ronsel do cantigueiro. Perspectivas etnomusicolóxicas sobre as ensinanzas das cantareiras galegas https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/897
Neste artigo gustaríame reflexionar sobre o coñecemento legado polas nosas cantareiras patrimoniais, un coñecemento que, a diferenza do transmitido polos cancioneiros, emerxe das prácticas da escoita e fica inscrito na voz e no corpo colectivos. Trátase dun saber que excede a análise musical tal e como é entendida na praxe académica occidental, e que se manifesta no propio acto de cantar e bailar xuntas. Interésame, así, explorar as ontoloxías do son e do movemento, modos de existencia e de coñecemento que desbordan a linguaxe escrita. Mais tamén quero pensar o que implica escoitar eses corpos e esas voces hoxe. Porque, como demostra a tradición das nosas cantareiras, a voz colectiva foi tamén un modo de facer comunidade, de crear vínculo e de habitar o territorio. Desde aquí propoño ler a idea de comunidade non como algo dado, senón como algo que se constrúe e se actualiza a través de rituais compartidos, entendidos como actos constitutivos e disidentes. Por iso, máis alá das lóxicas da patrimonialización e da nostalxia, as súas voces e os seus corpos poden axudarnos a pensar o presente. Nun tempo no que a modernidade tardía tende á uniformidade sonora e á estandarización das prácticas, o ronsel do cantigueiro segue a ofrecer outra forma de coñecer e de estar no mundo, unha que entende a nosa música e o noso baile como forzas vivas que continúan a trazar as coordenadas colectivas do noso territorio.
Xulia Feixoo Dereitos de autor/a 2026 https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/897 Mon, 20 Apr 2026 00:00:00 +0000 Letra en música: o cancioneiro popular galego https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/898
Poesía e música forman na tradición oral a unidade indisoluble da cántiga. Esta pode estudarse nas súas partes constituíntes, mais precisamos integralas de novo para examinar o que ambas comparten e as especificidades de cada unha delas. As interrelacións abórdanse primeiro desde o punto de vista da música e da súa influencia na lingua e no verso, e logo desde a beira oposta. A influencia da música séntese en cuestións tan dispares como a memoria, a diferente experiencia temporal ou orealce do carácter do texto, mentres que trazos musicais previos poden tamén discrepar coa prosodia. Desde o punto de vista da poesía, os sistemas de versificación silábico e acentual afectan de distinta maneira o ritmo musical, e a prosodia transforma superficialmente o ritmo e a melodía facendo discutible nos detalles a independencia de letra e música. Finalmente, trátanse varias cuestións abertas e posibles temas de investigación no contacto entre lingua, poesía e música.
Sergio de la Ossa Dereitos de autor/a 2026 https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/898 Mon, 20 Apr 2026 00:00:00 +0000 A regueifa e os cambios sociais https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/899
Fronte á consideración moi espallada da literatura popular como un conxunto homoxéneo e case invariable, a literatura improvisada de desafío na zona de Bergantiños (regueifa) amosa, ao longo do século XX, unha notable evolución desde o rito da voda e as xuntanzas privadas ata o espectáculo público organizado e, á vez, unha serie de cambios nos seus contidos e actitudes para adaptarse á paulatina transformación da mentalidade dunha sociedade rural cada vez máis urbanizada e correcta.
Domingo Blanco Dereitos de autor/a 2026 https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/899 Mon, 20 Apr 2026 00:00:00 +0000 Os avatares de nove melodías tradicionais https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/900
Marcial Valladares desenvolveu un importante labor de compilación de música tradicional da comarca da Ulla. O conxunto de melodías colectadas por el, moito antes xa de seren publicadas, foi material para diferentes cancioneiros sen que neles se citase expresamente a súa autoría.

No presente traballo viaxaremos pola edición dos cancioneiros, desde o de Marcial del Adalid ata o ano 1984, para verificar os avatares de nove melodías compiladas por Valladares que Manuel Murguía publicou no “Apéndice musical” do primeiro tomo da súa Historia de Galicia (1865).
Manuel Rico Verea Dereitos de autor/a 2026 https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/900 Mon, 20 Apr 2026 00:00:00 +0000 A poesía popular: balance do ano e perspectivas de futuro. Argumentos para un coloquio https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/901
A miña avoa Rosa e a súa tía Adolfina, cantareiras de Cerceda, viron esmorecer a vida que coñeceran de mozas e que fora o marco no que elas desenvolveran a súa arte no eido da tradición oral: a veciñanza deixou de xuntarse arredor dos traballos comunitarios, os seus fillos marcharon vivir á cidade da Coruña, e Rosa á emigración. O seu canto e o seu baile esvaeceron. Rosa e Adolfina pensaron que a súa arte morrería con elas. Mais non foi así.
Richi Casás Dereitos de autor/a 2026 https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/901 Mon, 20 Apr 2026 00:00:00 +0000 Cantareiras: a exposición da transmisión https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/902
A iniciativa da Real Academia Galega de homenaxear no Día das Letras Galegas 2025 sete creadoras de poesía oral, posibilitou que o Museo do Pobo Galego crease unha exposición temporal de produción propia para visibilizar o legado inmaterial das cantareiras presente en tódolos seus departamentos: colección, biblioteca, arquivo gráfico, documental e sonoro. O discurso, alumeado dende a perspectiva de xénero e sen perder o fío da transmisión natural do patrimonio oral, urdiu un arquivo de nomes femininos que ficaran esvaecidos tralo concepto de creación colectiva. A multitude de historias profesionais e persoais que xurdiron deste estudo dá conta da necesidade de seguir investigando neste ámbito.
Isabel Vigo Rodríguez Dereitos de autor/a 2026 https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/902 Mon, 20 Apr 2026 00:00:00 +0000 O que de lonxe aprendín teño mandado de dar! https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/903
Existe certa unanimidade en considerar que a celebración das Letras Galegas de 2025 foi unhas das máis expansivas. Non só implicaron unha cantidade importantísima de xente vencellada á música tradicional e ao seu movemento asociativo, tamén acadaron un achegamento moi importante á sociedade en xeral. Axudaron a visibilizar todas esas mulleres que en moitas ocasións eran pouco coñecidas ou recoñecidas incluso no seu contornos social e familiar, esas grandísimas mestras que foron tantas cantareiras das que aprenderon moitos activistas da recuperación da música tradicional.
Xabier Díaz Dereitos de autor/a 2026 https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/903 Mon, 20 Apr 2026 00:00:00 +0000 Vida oficial da RAG https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/922 Real Academia Galega Dereitos de autor/a 2026 https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/922 Mon, 20 Apr 2026 00:00:00 +0000 As cruces de pedra na Galiza: o cumio do Castelao investigador no exilio https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/920
As cruces de pedra na Galiza (1950) representa a síntese do labor investigador de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao sobre os cruceiros galegos e constitúe unha achega clave ao estudo do patrimonio de Galicia. Iniciado en 1924 no Seminario de Estudos Galegos e concluído en 1946 no exilio en Buenos Aires, o proxecto combina traballo de campo, análise tipolóxica e extensa documentación gráfica, incluíndo a comparación con cruces doutros contextos europeos. Cun enfoque pioneiro, a obra vai máis aló da catalogación, integrando dimensións históricas, artísticas e simbólicas, e interpretando os cruceiros como expresión da identidade colectiva galega. Aínda que algunhas hipóteses foron posteriormente superadas, o seu legado marcou un punto de inflexión na visibilización e valorización destes elementos patrimoniais, consolidándose como referencia imprescindible na investigación cultural galega.
M.ª de los Ángeles Tilve Jar Dereitos de autor/a 2026 https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/920 Mon, 20 Apr 2026 00:00:00 +0000 Cantares de Rosalía e Rimas de Murguía: vidas paralelas https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/921
Por máis que os Cantares gallegos de Rosalía de Castro e as Rimas populares de Galicia de Manuel Murguía están profundamente vencellados pola súa relación co folclore de Galicia, non se poden ver as segundas como fonte de inspiración dos primeiros; son obras de que discorren, o mesmo que os seu obxectivos ideolóxicos e culturais, por camiños paralelos. Máis que para buscar a orixe da obra de Rosalía, as Rimas sérvennos, a través dos puntos de encontro, para acoutar mellor o ingrediente popular na súa obra. A este enfoque engadimos algunhas novas hipóteses sobre o proceso de creación e significación da obra fundacional do Rexurdimento.
Diego Rodríguez González Dereitos de autor/a 2026 https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/921 Mon, 20 Apr 2026 00:00:00 +0000 Isabel Soto en conversa con Paco Martín https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/916 Isabel Soto, Paco Martín Dereitos de autor/a 2026 https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/916 Mon, 20 Apr 2026 00:00:00 +0000 De cando o señor Lamote argallou un escritor chamado Paco Martín https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/917 Lois Pérez Dereitos de autor/a 2026 https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/917 Mon, 20 Apr 2026 00:00:00 +0000 Os libros que nos unen. Laudatio a Paco Martín https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/918 Alejandro Tobar Salazar Dereitos de autor/a 2026 https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/918 Mon, 20 Apr 2026 00:00:00 +0000 Grazas en nome do señor Lamote https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/919 Paco Martín Dereitos de autor/a 2026 https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/919 Mon, 20 Apr 2026 00:00:00 +0000 Poesía popular oral: tradición e futuro das letras galegas https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/904 Ana Isabel Boullón Agrelo Dereitos de autor/a 2026 https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/904 Mon, 20 Apr 2026 00:00:00 +0000 Memorias dun amador da música popular sobre o cantigueiro galego https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/905 Antón Santamarina Dereitos de autor/a 2026 https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/905 Mon, 20 Apr 2026 00:00:00 +0000 Substancia poética e relevancia artística no cancioneiro da tradición oral: discurso académico en defensa e ilustración da musa popular galega https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/906 Xesús Alonso Montero Dereitos de autor/a 2026 https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/906 Mon, 20 Apr 2026 00:00:00 +0000 Palabras para o final do acto do Día das Letras Galegas https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/907 Henrique Monteagudo Dereitos de autor/a 2026 https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/907 Mon, 20 Apr 2026 00:00:00 +0000 A paisaxe como categoría xurídica e a súa protección https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/912
O concepto de paisaxe non sempre existiu nas sociedades humanas senón que é unha construción cultural recente que, no mundo occidental, non apareceu até a Idade Moderna e que se vén transformando desde entón. Máis recente aínda é o tratamento da paisaxe no dereito, que só empezou cando os fenómenos de degradación do territorio causados polos procesos económicos e produtivos sensibilizaron a sociedade, dando lugar a unha demanda de protección xurídica. O artigo examina a aparición, a evolución e a visión actual do concepto e da natureza xurídica da paisaxe, así como da súa regulación no dereito positivo.
Consuelo Castro Rey Dereitos de autor/a 2026 https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/912 Mon, 20 Apr 2026 00:00:00 +0000 A protección ambiental na encrucillada global https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/913
Son malos tempos para a protección ambiental e lingüística. O xiro global conservador-populista puxo no seu albo as políticas climáticas e de transición ecolóxica chegando ao negacionismo climático. O retroceso pódese xa constatar no adiamento de compromisos ambiciosos, no abandono de iniciativas lexislativas e na laxitude nos controis ambientais. En Galicia pode trazarse un paralelismo entre unha política ambiental e unha política lingüística sen pulso e caracterizadas pola ausencia de obxectivos, de avaliación de cumprimento e de mandatos prescriptivos.
Alba Nogueira López Dereitos de autor/a 2026 https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/913 Mon, 20 Apr 2026 00:00:00 +0000 A responsabilidade civil por danos causados por hidrocarburos na costa galega https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/914
O actual sistema de responsabilidade civil por danos causados por transporte marítimo de hidrocarburos resulta insuficiente para cubrir as perdas económicas e ambientais que un derrame de petróleo pode causar nas costas galegas, e non resulta eficaz para compeler o sector a aumentar as súas medidas de seguridade na navegación. Cómpre unha reforma normativa, a nivel internacional ou mesmo unilateral por parte do Estado, que estableza un sistema que distribúa con xustiza os custos do risco que xera unha actividade perigosa como o transporte de petróleo. A alternativa debe asegurar o pagamento a cargo de todos os responsables, de forma obxectiva ou en función da súa culpa, de todos os danos causados, cun sistema de responsabilidade ilimitada e solidaria entre todos eles. Existen experiencias noutros países que demostran a viabilidade técnica e económica desta proposta, como a Oil Pollution Act, vixente dende 1990 nos Estados Unidos.
Luís Villares Naveira Dereitos de autor/a 2026 https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/914 Mon, 20 Apr 2026 00:00:00 +0000 A economía circular e o dereito a reparar: unha visión crítica dos novos paradigmas do dereito ambiental europeo https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/915
Este artigo ofrece unha análise crítica da estratexia europea de economía circular a partir do desenvolvemento recente do dereito a reparar. Tras máis dunha década de políticas de circularidade, a Unión Europea presenta este paradigma como un eixo central do dereito ambiental xunto ao da neutralidade climática. Porén, sostense que a economía circular evolucionou maioritariamente dentro dos límites estruturais do modelo produtivo lineal, priorizando a seguridade no acceso aos recursos e os intereses industriais fronte a unha redución efectiva do consumo de materiais.

O dereito a reparar exemplifica esta ambivalencia. Aínda que as reformas en materia de deseño ecolóxico e de dereito do consumo introducen avances relevantes en termos de durabilidade, reparabilidade e información, o seu alcance resulta restrinxido e condicionado por excepcións económicas e técnicas. O artigo conclúe que, sen obrigas máis ambiciosas e políticas de fomento decididas, o dereito a reparar dificilmente poderá impulsar un cambio sistémico real.
Beltrán Puentes Cociña Dereitos de autor/a 2026 https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/915 Mon, 20 Apr 2026 00:00:00 +0000 Mais aló dunha festa. Patrimonio, identidade e cohesión social a través do Arde Lucus https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/908
O Arde Lucus consolidouse como unha das festas de recreación histórica máis emblemáticas e exitosas do seu xénero na Península Ibérica, destacando pola súa capacidade de convocatoria, o seu impacto económico e sobre todo, pola profunda implicación da sociedade lucense na recreación do seu pasado castrexo-romano. Este tipo de festas son propicias para analizar como se constrúen as percepcións do pasado en sociedade. Non se trata en absoluto de xulgar, senón de observar e analizar como a nosa sociedade se apropia, recrea e reinventa o pasado.

Desde esa óptica nas seguintes páxinas trataremos de afondar na festa do Arde Lucus, explorando a súa relación co patrimonio, a identidade e a cohesión social. Para iso, faremos primeiro un breve repaso pola arqueoloxía do Lugo romano, para logo incidir nas características comúns e distintivas que presenta o Arde Lucus con respecto a outras festas de recreación histórica en España. Finalmente, reflexionarase sobre a implicación da sociedade actual nesta festa, subliñando como os cidadáns se converten en actores activos na construción e vivencia da súa propia historia.
José Carlos Sánchez Pardo Dereitos de autor/a 2026 https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/908 Mon, 20 Apr 2026 00:00:00 +0000 A Festa da Istoria de Ribadavia https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/909
De entre os abundantes eventos historicistas que se celebran en Galicia, a Festa da Istoria de Ribadavia ten un carácter sobranceiro, pola súa antigüidade e consolidación, e polo recoñecido éxito de participación. Porén, a base histórica á que remite, a Idade Media, e sobre todo a pertenza do seu contido ao patrimonio cultural xudeu constitúen unha desviación non exenta de intención política.
Anselmo López Carreira Dereitos de autor/a 2026 https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/909 Mon, 20 Apr 2026 00:00:00 +0000 A reconquista de Vigo: a adaptación secular dunha tradición https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/910
A Reconquista de Vigo é unha tradición inventada que serve para exemplificar ben os procesos de evolución histórica da memoria colectiva. Algo encadrado nas xestas da guerra da Independencia acaba sendo un acto de afirmación viguesa. Unha conmemoración cívico-relixiosa, cos cambios culturais, devén nunha celebración de festa comunal. Ao longo de máis de douscentos anos, as autoridades municipais comezan sendo as responsables da programación para seren substituídas pola sociedade civil.
Luís Domínguez Castro Dereitos de autor/a 2026 https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/910 Mon, 20 Apr 2026 00:00:00 +0000 Cando cambiamos de avós. A romería vikinga nas Torres de Oeste (Catoira) como representación do pasado https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/911
Este artigo analiza a evolución e o impacto cultural da Romaría Viquinga de Catoira, unha das manifestacións festivas máis senlleiras de Galicia. A través dunha perspectiva diacrónica, explórase a transformación do suxeito viquingo na narrativa histórica galega: desde a ameaza pagá das crónicas eclesiásticas medievais e modernas ata a súa conversión nun símbolo de prestixio atlántico na cultura contemporánea. Analízase o papel fundamental do Ateneo do Ullán na década de 1960 e como o contexto do turismo no franquismo facilitou a creación dunha performance colectiva influenciada pola cultura pop global. O texto propón que o fenómeno viquingo en Catoira non é só unha recreación histórica, senón un proceso de negociación identitaria onde o viquingo emerxe como un novo devanceiro que complementa ou substitúe o mito celta, conectando Galicia coa modernidade e o prestixio das culturas do norte de Europa.
Manuel Gago Mariño Dereitos de autor/a 2026 https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/911 Mon, 20 Apr 2026 00:00:00 +0000