Boletín da Real Academia Galega
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG

O Boletín da Real Academia Galega (BRAG) é unha publicación anual editada pola Real Academia Galega dende o ano 1906. Dende o ano 2000 está redactada enteiramente en lingua galega. Recolle traballos de investigación centrados en distintos aspectos da lingua, cultura e a literatura galegas, e mais outros contributos arredor da figura homenaxeada no Día das Letras Galegas.
Real Academia Galegagl-ESBoletín da Real Academia Galega1576-8767

Ao ronsel do cantigueiro. Perspectivas etnomusicolóxicas sobre as ensinanzas das cantareiras galegas
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/897

Neste artigo gustaríame reflexionar sobre o coñecemento legado polas nosas cantareiras patrimoniais, un coñecemento que, a diferenza do transmitido polos cancioneiros, emerxe das prácticas da escoita e fica inscrito na voz e no corpo colectivos. Trátase dun saber que excede a análise musical tal e como é entendida na praxe académica occidental, e que se manifesta no propio acto de cantar e bailar xuntas. Interésame, así, explorar as ontoloxías do son e do movemento, modos de existencia e de coñecemento que desbordan a linguaxe escrita. Mais tamén quero pensar o que implica escoitar eses corpos e esas voces hoxe. Porque, como demostra a tradición das nosas cantareiras, a voz colectiva foi tamén un modo de facer comunidade, de crear vínculo e de habitar o territorio. Desde aquí propoño ler a idea de comunidade non como algo dado, senón como algo que se constrúe e se actualiza a través de rituais compartidos, entendidos como actos constitutivos e disidentes. Por iso, máis alá das lóxicas da patrimonialización e da nostalxia, as súas voces e os seus corpos poden axudarnos a pensar o presente. Nun tempo no que a modernidade tardía tende á uniformidade sonora e á estandarización das prácticas, o ronsel do cantigueiro segue a ofrecer outra forma de coñecer e de estar no mundo, unha que entende a nosa música e o noso baile como forzas vivas que continúan a trazar as coordenadas colectivas do noso territorio.
Xulia Feixoo
Dereitos de autor/a 2026
2026-04-202026-04-20386112610.32766/brag.386.897Letra en música: o cancioneiro popular galego
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/898

Poesía e música forman na tradición oral a unidade indisoluble da cántiga. Esta pode estudarse nas súas partes constituíntes, mais precisamos integralas de novo para examinar o que ambas comparten e as especificidades de cada unha delas. As interrelacións abórdanse primeiro desde o punto de vista da música e da súa influencia na lingua e no verso, e logo desde a beira oposta. A influencia da música séntese en cuestións tan dispares como a memoria, a diferente experiencia temporal ou orealce do carácter do texto, mentres que trazos musicais previos poden tamén discrepar coa prosodia. Desde o punto de vista da poesía, os sistemas de versificación silábico e acentual afectan de distinta maneira o ritmo musical, e a prosodia transforma superficialmente o ritmo e a melodía facendo discutible nos detalles a independencia de letra e música. Finalmente, trátanse varias cuestións abertas e posibles temas de investigación no contacto entre lingua, poesía e música.
Sergio de la Ossa
Dereitos de autor/a 2026
2026-04-202026-04-20386275210.32766/brag.386.898A regueifa e os cambios sociais
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/899

Fronte á consideración moi espallada da literatura popular como un conxunto homoxéneo e case invariable, a literatura improvisada de desafío na zona de Bergantiños (regueifa) amosa, ao longo do século XX, unha notable evolución desde o rito da voda e as xuntanzas privadas ata o espectáculo público organizado e, á vez, unha serie de cambios nos seus contidos e actitudes para adaptarse á paulatina transformación da mentalidade dunha sociedade rural cada vez máis urbanizada e correcta.
Domingo Blanco
Dereitos de autor/a 2026
2026-04-202026-04-20386536610.32766/brag.386.899Os avatares de nove melodías tradicionais
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/900

Marcial Valladares desenvolveu un importante labor de compilación de música tradicional da comarca da Ulla. O conxunto de melodías colectadas por el, moito antes xa de seren publicadas, foi material para diferentes cancioneiros sen que neles se citase expresamente a súa autoría.

No presente traballo viaxaremos pola edición dos cancioneiros, desde o de Marcial del Adalid ata o ano 1984, para verificar os avatares de nove melodías compiladas por Valladares que Manuel Murguía publicou no “Apéndice musical” do primeiro tomo da súa Historia de Galicia (1865).
Manuel Rico Verea
Dereitos de autor/a 2026
2026-04-202026-04-20386677810.32766/brag.386.900A poesía popular: balance do ano e perspectivas de futuro. Argumentos para un coloquio
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/901

A miña avoa Rosa e a súa tía Adolfina, cantareiras de Cerceda, viron esmorecer a vida que coñeceran de mozas e que fora o marco no que elas desenvolveran a súa arte no eido da tradición oral: a veciñanza deixou de xuntarse arredor dos traballos comunitarios, os seus fillos marcharon vivir á cidade da Coruña, e Rosa á emigración. O seu canto e o seu baile esvaeceron. Rosa e Adolfina pensaron que a súa arte morrería con elas. Mais non foi así.
Richi Casás
Dereitos de autor/a 2026
2026-04-202026-04-20386799710.32766/brag.386.901Cantareiras: a exposición da transmisión
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/902

A iniciativa da Real Academia Galega de homenaxear no Día das Letras Galegas 2025 sete creadoras de poesía oral, posibilitou que o Museo do Pobo Galego crease unha exposición temporal de produción propia para visibilizar o legado inmaterial das cantareiras presente en tódolos seus departamentos: colección, biblioteca, arquivo gráfico, documental e sonoro. O discurso, alumeado dende a perspectiva de xénero e sen perder o fío da transmisión natural do patrimonio oral, urdiu un arquivo de nomes femininos que ficaran esvaecidos tralo concepto de creación colectiva. A multitude de historias profesionais e persoais que xurdiron deste estudo dá conta da necesidade de seguir investigando neste ámbito.
Isabel Vigo Rodríguez
Dereitos de autor/a 2026
2026-04-202026-04-203869910810.32766/brag.386.902O que de lonxe aprendín teño mandado de dar!
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/903

Existe certa unanimidade en considerar que a celebración das Letras Galegas de 2025 foi unhas das máis expansivas. Non só implicaron unha cantidade importantísima de xente vencellada á música tradicional e ao seu movemento asociativo, tamén acadaron un achegamento moi importante á sociedade en xeral. Axudaron a visibilizar todas esas mulleres que en moitas ocasións eran pouco coñecidas ou recoñecidas incluso no seu contornos social e familiar, esas grandísimas mestras que foron tantas cantareiras das que aprenderon moitos activistas da recuperación da música tradicional.
Xabier Díaz
Dereitos de autor/a 2026
2026-04-202026-04-2038610911410.32766/brag.386.903Vida oficial da RAG
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/922
Real Academia Galega
Dereitos de autor/a 2026
2026-04-202026-04-2038639141710.32766/brag.386.922As cruces de pedra na Galiza: o cumio do Castelao investigador no exilio
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/920

As cruces de pedra na Galiza (1950) representa a síntese do labor investigador de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao sobre os cruceiros galegos e constitúe unha achega clave ao estudo do patrimonio de Galicia. Iniciado en 1924 no Seminario de Estudos Galegos e concluído en 1946 no exilio en Buenos Aires, o proxecto combina traballo de campo, análise tipolóxica e extensa documentación gráfica, incluíndo a comparación con cruces doutros contextos europeos. Cun enfoque pioneiro, a obra vai máis aló da catalogación, integrando dimensións históricas, artísticas e simbólicas, e interpretando os cruceiros como expresión da identidade colectiva galega. Aínda que algunhas hipóteses foron posteriormente superadas, o seu legado marcou un punto de inflexión na visibilización e valorización destes elementos patrimoniais, consolidándose como referencia imprescindible na investigación cultural galega.
M.ª de los Ángeles Tilve Jar
Dereitos de autor/a 2026
2026-04-202026-04-2038633937410.32766/brag.386.920Cantares de Rosalía e Rimas de Murguía: vidas paralelas
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/921

Por máis que os Cantares gallegos de Rosalía de Castro e as Rimas populares de Galicia de Manuel Murguía están profundamente vencellados pola súa relación co folclore de Galicia, non se poden ver as segundas como fonte de inspiración dos primeiros; son obras de que discorren, o mesmo que os seu obxectivos ideolóxicos e culturais, por camiños paralelos. Máis que para buscar a orixe da obra de Rosalía, as Rimas sérvennos, a través dos puntos de encontro, para acoutar mellor o ingrediente popular na súa obra. A este enfoque engadimos algunhas novas hipóteses sobre o proceso de creación e significación da obra fundacional do Rexurdimento.
Diego Rodríguez González
Dereitos de autor/a 2026
2026-04-202026-04-2038637538810.32766/brag.386.921Isabel Soto en conversa con Paco Martín
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/916
Isabel SotoPaco Martín
Dereitos de autor/a 2026
2026-04-202026-04-2038630131910.32766/brag.386.916De cando o señor Lamote argallou un escritor chamado Paco Martín
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/917
Lois Pérez
Dereitos de autor/a 2026
2026-04-202026-04-2038632132810.32766/brag.386.917Os libros que nos unen. Laudatio a Paco Martín
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/918
Alejandro Tobar Salazar
Dereitos de autor/a 2026
2026-04-202026-04-2038632933410.32766/brag.386.918Grazas en nome do señor Lamote
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/919
Paco Martín
Dereitos de autor/a 2026
2026-04-202026-04-2038633533610.32766/brag.386.919Poesía popular oral: tradición e futuro das letras galegas
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/904
Ana Isabel Boullón Agrelo
Dereitos de autor/a 2026
2026-04-202026-04-2038611712510.32766/brag.386.904Memorias dun amador da música popular sobre o cantigueiro galego
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/905
Antón Santamarina
Dereitos de autor/a 2026
2026-04-202026-04-2038612714310.32766/brag.386.905Substancia poética e relevancia artística no cancioneiro da tradición oral: discurso académico en defensa e ilustración da musa popular galega
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/906
Xesús Alonso Montero
Dereitos de autor/a 2026
2026-04-202026-04-2038614515410.32766/brag.386.906Palabras para o final do acto do Día das Letras Galegas
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/907
Henrique Monteagudo
Dereitos de autor/a 2026
2026-04-202026-04-2038615515910.32766/brag.386.907A paisaxe como categoría xurídica e a súa protección
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/912

O concepto de paisaxe non sempre existiu nas sociedades humanas senón que é unha construción cultural recente que, no mundo occidental, non apareceu até a Idade Moderna e que se vén transformando desde entón. Máis recente aínda é o tratamento da paisaxe no dereito, que só empezou cando os fenómenos de degradación do territorio causados polos procesos económicos e produtivos sensibilizaron a sociedade, dando lugar a unha demanda de protección xurídica. O artigo examina a aparición, a evolución e a visión actual do concepto e da natureza xurídica da paisaxe, así como da súa regulación no dereito positivo.
Consuelo Castro Rey
Dereitos de autor/a 2026
2026-04-202026-04-2038622924010.32766/brag.386.912A protección ambiental na encrucillada global
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/913

Son malos tempos para a protección ambiental e lingüística. O xiro global conservador-populista puxo no seu albo as políticas climáticas e de transición ecolóxica chegando ao negacionismo climático. O retroceso pódese xa constatar no adiamento de compromisos ambiciosos, no abandono de iniciativas lexislativas e na laxitude nos controis ambientais. En Galicia pode trazarse un paralelismo entre unha política ambiental e unha política lingüística sen pulso e caracterizadas pola ausencia de obxectivos, de avaliación de cumprimento e de mandatos prescriptivos.
Alba Nogueira López
Dereitos de autor/a 2026
2026-04-202026-04-2038624124610.32766/brag.386.913A responsabilidade civil por danos causados por hidrocarburos na costa galega
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/914

O actual sistema de responsabilidade civil por danos causados por transporte marítimo de hidrocarburos resulta insuficiente para cubrir as perdas económicas e ambientais que un derrame de petróleo pode causar nas costas galegas, e non resulta eficaz para compeler o sector a aumentar as súas medidas de seguridade na navegación. Cómpre unha reforma normativa, a nivel internacional ou mesmo unilateral por parte do Estado, que estableza un sistema que distribúa con xustiza os custos do risco que xera unha actividade perigosa como o transporte de petróleo. A alternativa debe asegurar o pagamento a cargo de todos os responsables, de forma obxectiva ou en función da súa culpa, de todos os danos causados, cun sistema de responsabilidade ilimitada e solidaria entre todos eles. Existen experiencias noutros países que demostran a viabilidade técnica e económica desta proposta, como a Oil Pollution Act, vixente dende 1990 nos Estados Unidos.
Luís Villares Naveira
Dereitos de autor/a 2026
2026-04-202026-04-2038624728410.32766/brag.386.914A economía circular e o dereito a reparar: unha visión crítica dos novos paradigmas do dereito ambiental europeo
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/915

Este artigo ofrece unha análise crítica da estratexia europea de economía circular a partir do desenvolvemento recente do dereito a reparar. Tras máis dunha década de políticas de circularidade, a Unión Europea presenta este paradigma como un eixo central do dereito ambiental xunto ao da neutralidade climática. Porén, sostense que a economía circular evolucionou maioritariamente dentro dos límites estruturais do modelo produtivo lineal, priorizando a seguridade no acceso aos recursos e os intereses industriais fronte a unha redución efectiva do consumo de materiais.

O dereito a reparar exemplifica esta ambivalencia. Aínda que as reformas en materia de deseño ecolóxico e de dereito do consumo introducen avances relevantes en termos de durabilidade, reparabilidade e información, o seu alcance resulta restrinxido e condicionado por excepcións económicas e técnicas. O artigo conclúe que, sen obrigas máis ambiciosas e políticas de fomento decididas, o dereito a reparar dificilmente poderá impulsar un cambio sistémico real.
Beltrán Puentes Cociña
Dereitos de autor/a 2026
2026-04-202026-04-2038628529810.32766/brag.386.915Mais aló dunha festa. Patrimonio, identidade e cohesión social a través do Arde Lucus
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/908

O Arde Lucus consolidouse como unha das festas de recreación histórica máis emblemáticas e exitosas do seu xénero na Península Ibérica, destacando pola súa capacidade de convocatoria, o seu impacto económico e sobre todo, pola profunda implicación da sociedade lucense na recreación do seu pasado castrexo-romano. Este tipo de festas son propicias para analizar como se constrúen as percepcións do pasado en sociedade. Non se trata en absoluto de xulgar, senón de observar e analizar como a nosa sociedade se apropia, recrea e reinventa o pasado.

Desde esa óptica nas seguintes páxinas trataremos de afondar na festa do Arde Lucus, explorando a súa relación co patrimonio, a identidade e a cohesión social. Para iso, faremos primeiro un breve repaso pola arqueoloxía do Lugo romano, para logo incidir nas características comúns e distintivas que presenta o Arde Lucus con respecto a outras festas de recreación histórica en España. Finalmente, reflexionarase sobre a implicación da sociedade actual nesta festa, subliñando como os cidadáns se converten en actores activos na construción e vivencia da súa propia historia.
José Carlos Sánchez Pardo
Dereitos de autor/a 2026
2026-04-202026-04-2038616317210.32766/brag.386.908A Festa da Istoria de Ribadavia
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/909

De entre os abundantes eventos historicistas que se celebran en Galicia, a Festa da Istoria de Ribadavia ten un carácter sobranceiro, pola súa antigüidade e consolidación, e polo recoñecido éxito de participación. Porén, a base histórica á que remite, a Idade Media, e sobre todo a pertenza do seu contido ao patrimonio cultural xudeu constitúen unha desviación non exenta de intención política.
Anselmo López Carreira
Dereitos de autor/a 2026
2026-04-202026-04-2038617317910.32766/brag.386.909A reconquista de Vigo: a adaptación secular dunha tradición
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/910

A Reconquista de Vigo é unha tradición inventada que serve para exemplificar ben os procesos de evolución histórica da memoria colectiva. Algo encadrado nas xestas da guerra da Independencia acaba sendo un acto de afirmación viguesa. Unha conmemoración cívico-relixiosa, cos cambios culturais, devén nunha celebración de festa comunal. Ao longo de máis de douscentos anos, as autoridades municipais comezan sendo as responsables da programación para seren substituídas pola sociedade civil.
Luís Domínguez Castro
Dereitos de autor/a 2026
2026-04-202026-04-2038618120110.32766/brag.386.910Cando cambiamos de avós. A romería vikinga nas Torres de Oeste (Catoira) como representación do pasado
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/911

Este artigo analiza a evolución e o impacto cultural da Romaría Viquinga de Catoira, unha das manifestacións festivas máis senlleiras de Galicia. A través dunha perspectiva diacrónica, explórase a transformación do suxeito viquingo na narrativa histórica galega: desde a ameaza pagá das crónicas eclesiásticas medievais e modernas ata a súa conversión nun símbolo de prestixio atlántico na cultura contemporánea. Analízase o papel fundamental do Ateneo do Ullán na década de 1960 e como o contexto do turismo no franquismo facilitou a creación dunha performance colectiva influenciada pola cultura pop global. O texto propón que o fenómeno viquingo en Catoira non é só unha recreación histórica, senón un proceso de negociación identitaria onde o viquingo emerxe como un novo devanceiro que complementa ou substitúe o mito celta, conectando Galicia coa modernidade e o prestixio das culturas do norte de Europa.
Manuel Gago Mariño
Dereitos de autor/a 2026
2026-04-202026-04-2038620322610.32766/brag.386.911