TY - JOUR AU - Iglesias Álvarez, Ana PY - 2022/04/27 Y2 - 2024/03/29 TI - A temeridade sálvanos de senti-la covardía JF - Boletín da Real Academia Galega JA - BRAG VL - IS - 382 SE - Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas DO - 10.32766/brag.382.804 UR - https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/804 SP - 19 - 27 AB - <p>Esta contribución ofrece unha achega sobre a figura de Xela desde a miña propia visión persoal, a raíz da nosa relación de amizade, centrándome nas decisións que ela foi tomando ao longo da súa vida, de forma máis temeraria ca precavida. De aí que escollese como título da  intervención un dos versos do seu derradeiro poemario, <em>Intempériome</em>: “A temeridade sálvanos de senti-la covardía”. En efecto, as súas escollas vitais van  conformando unha persoa que non se deixa arrastrar polo establecido e que é quen de ir contracorrente, aínda que iso conduza ás veces á soidade e ao individualismo. Estamos ante unha “poeta sen xeración”, que, na súa ansia de independencia, non gustaba de adscribirse a grupos. Mais, ao mesmo tempo, vemos unha muller cunha gran conciencia social, que loita activamente en contra da inxustiza, sempre do lado dos máis débiles, cunha capacidade infinita para poñerse na pel do outro, “negra por elección”. Negándose a ser simple espectadora, foi encadeando un reto tras outro, sen deixarse levar polo camiño máis curto e recto, nunha procura ambiciosa do “equilibrio dos extremos”, entregándose con paixón a cada unha das súas múltiples facetas: filla, irmá, nai, amiga, profesora, amante, tradutora, poeta, galegofalante…</p> ER -