TY - JOUR AU - Álvarez-Lires, María M. PY - 2015/11/20 Y2 - 2024/03/28 TI - Sarmiento visto por Filgueira (1906-1996): o antecedente sarmentiano do Seminario de Estudos Galegos JF - Boletín da Real Academia Galega JA - BRAG VL - IS - 376 SE - Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas DO - 10.32766/brag.376.470 UR - https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/470 SP - 219 - 243 AB - <p>Este artigo ocúpase de tres cuestións que aparecen claramente reflectidas nos escritos do profesor Filgueira Valverde: en primeiro lugar, a caracterización de Sarmiento como ilustrado prerromántico, a quen considera inestimable apoio de Feijoo e denomina como “figura universal da Ilustración”, “mestre de todos os saberes, que encetou o rexurdimento de Galicia e abriu novas rutas á ciencia española”. En segundo lugar, examínanse as orixes do interese de Filgueira polo frade bieito e, en terceiro lugar, realízase un primeiro achegamento aos antecedentes sarmentianos e pontevedreses do Seminario de Estudos Galegos, a través de escritos publicados e autógrafos inéditos do propio Filgueira. Estas achegas poden constituír un paso para completar outros estudos xa existentes e seguir profundando na presenza de Sarmiento nos escritos de Filgueira, coma unha maneira de continuar o legado de ambos os investigadores e de continuar a crebada liña do tempo. O “rexurdimento” do Museo de Pontevedra pode constituír unha boa ocasión para confiar, parafraseando a Filgueira, en que as inquedanzas de Sarmiento "cumprido fin terán”.</p> ER -