TY - JOUR AU - Fernández Rei, Francisco PY - 2015/11/20 Y2 - 2024/03/28 TI - O galego de Filgueira Valverde JF - Boletín da Real Academia Galega JA - BRAG VL - IS - 376 SE - Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas DO - 10.32766/brag.376.464 UR - https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/464 SP - 85 - 103 AB - <p>Despois dunhas consideracións sobre o galego das tres “coroas” do Rexurdimento –galego popularizante na obra de Rosalía e na de Curros, pero non na de Pondal– tratarei o galego enxebrista ou diferencialista de Filgueira Valverde da produción literaria anterior á guerra do 1936, a partir da análise da lingua das narracións <em>Os nenos</em> (1925) e <em>O Vigairo</em> (1927) e da obra teatral <em>Agromar</em> (1936). Na morfoloxía nominal e verbal destas obras Filgueira emprega formas do galego da súa Pontevedra natal, xunto con solucións diferencialistas con tradición literaria propias doutras áreas. No léxico é xeral a hipergaleguización, característica dos autores do primeiro terzo do século XX, á vez que enriquece a súa prosa con algúns préstamos de linguas modernas e, sobre todo, con arcaísmos, seguindo neste caso o ronsel de López Ferreiro. N’<em>O Vigairo</em> hai unha gran riqueza de voces mariñeiras populares, unhas moi usadas actualmente, outras son xa literarias por designaren embarcacións desaparecidas. Algunhas delas xa as introduciran no galego literario o pontevedrés Xoán M. Pintos ou o cambadés Ramón Cabanillas, pero outras documéntanse por primeira vez na historia do galego escrito nesta obra de Filgueira.</p> ER -