@article{Gurriarán Rodríguez_2023, place={A Coruña}, title={Trazos biográficos de Florencio Delgado Gurriarán}, url={https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/822}, DOI={10.32766/brag.383.822}, abstractNote={<p>Florencio Delgado Gurriarán nace en Córgomo de Valdeorras (Ourense) en 1903. Fillo dunha familia de clase media, percorreu varias localidades fóra de Galicia por mor da calidade de funcionario que tiña seu pai, o que lle valeu para rematar a carreira de Dereito en Valladolid. Amante da súa terra valdeorresa, retornou cara a 1928, onde exerceu un tempo escaso como avogado. Afeccionado á lectura e á cultura, iniciouse na creación literaria como poeta e adquiriu un compromiso político como militante do Partido Galeguista en tempos da II República. Publicou o seu primeiro poemario en 1934, <em>Bebedeira</em>, na Editorial Nós. A guerra civil empuxouno a fuxir a diferentes destinos, recalando en Barcelona, logo de estar en Portugal e Francia. Alá enrolouse no exército republicano. Nos últimos días da guerra actuou solidariamente na preparación da evacuación dos perdedores. Exiliouse en México, onde viviu o resto da súa vida e onde tivo responsabilidades en toda canta actividade antifranquista prepararon os galeguistas e outras forzas políticas do exilio, e non cesou nunca no seu compromiso democrático. Volveu a Valdeorras tres veces e publicou tres libros de poemas máis. Morreu en California en 1987, con motivo dunha visita a unha das súas fillas que vivía alá. Este ano a RAG homenaxeouno coa distinción das Letras Galegas.</p>}, number={383}, journal={Boletín da Real Academia Galega}, author={Gurriarán Rodríguez, Ricardo}, year={2023}, month={Apr.}, pages={123–139} }