@article{Vélez Latorre_2020, place={A Coruña}, title={A tradición bíblica e clásica na poesía de Carvalho Calero (con comentario de cinco poemas)}, url={https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/799}, DOI={10.32766/brag.381.799}, abstractNote={<p>Neste estudo tratamos a importancia dos mitos grecorromanos (e tamén dos mitos bíblicos) na poesía de Carvalho Calero. O mito sérvelle non só como simple adorno estético ou culturalista, senón como medio de reflexión, nunha poesía filosófica e existencial de transfundo cristián. Algúns poemas de <em>Salterio de Fingoy</em> tratan a Orfeo, Dionisos, Xoán o Bautista e Salomé. Analízase o poema “Abisag”, publicado xa en 1931; un dos primeiros exemplos da recepción da poesía de Rilke no ámbito ibérico. Analízase tamén o poema sobre Catulo “Onde eu escrevo Lésbia, lé ti Clódia”, en que se dá unha reflexión metaliteraria sobre a voz lírica e a figura (e a realidade) da amada poética; un exemplo interesantísimo de recepción da tradición clásica nun poeta moderno. Os últimos poemas analizados son os dedicados á figura de Fénix e Aquiles, que parten dun profundo coñecemento por parte de Carvalho da <em>Ilíada</em> de Homero, en concreto da situación do Libro 9 deste poema épico. A situación de Aquiles nese episodio ten curiosas semellanzas coa situación biográfica de Carvalho con respecto aos seus antigos amigos e compañeiros do grupo Galaxia. En todo caso, Carvalho é un mestre do xogo hipertextual na súa poesía.</p>}, number={381}, journal={Boletín da Real Academia Galega}, author={Vélez Latorre, Xosé Manuel}, year={2020}, month={Dec.}, pages={303–315} }