Planificación lingüística de baixa intensidade: o caso galego

Anxo M. Lorenzo Suárez

Resumo


O obxectivo deste traballo céntrase na presentación e valoración do modelo de política lingüística que se desenvolveu en Galicia desde os poderes públicos galegos para a revitalización social da lingua galega, desde 1980 ata a actualidade. Argumentamos que o modelo galego de política lingüística institucional está baseado nunha acción lingüística pouco intervencionista e na realización dunha planificación lingüística de baixa intensidade, posta en marcha a partir dunha determinada interpretación da situación sociolingüística da lingua galega, dunha determinada ideoloxía lingüística e dunha concepción das prácticas planificadoras centrada no intento de non provocar ningún tipo de conflitividade na sociedade galega por motivos lingüísticos.


Palabras clave


planificación lingüística, política lingüística, avaliación, Galicia

Texto completo:

PDF


Cadernos de Lingua
ISSN: 1130-5924
ISSN-e: 2603-6975
Real Academia Galega