O uso do galego nas organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento

Xesús Domínguez Dono

Resumo


Neste traballo preténdese ofrecer unha visión xeral do uso da lingua galega nas Organizacións Non Gobernamentais para o Desenvolvemento (ONGD) asentadas en Galicia. Para tal fin realizouse un estudo descritivo a partir dun cuestionario enviado ás ONGD rexistradas oficialmente en terrritorio galego. Os resultados que se obtiveron indican un escaso nivel de galeguización das ONGD asentadas en Galicia. En xeral, a orixe da organización, ou o lugar de asentamento da súa sede central, condicionan un maior uso do galego ou do castelán nas súas actividades, detectándose que entre as de sede galega o emprego do galego está próximo ao 70%, fronte a tan só un aproximado 43% nas de sede con orixe non galega. Sen diferenciar o lugar de asentamento das sedes centrais, a utilización de ambas as linguas está moi parella: arredor dun 57% para o galego e dun 43% para o castelán.


Palabras clave


Sociolingüística, Galego, Organización Non Gobernamental para o Desenvolvemento

Texto completo:

PDF


Cadernos de Lingua
ISSN: 1130-5924
ISSN-e: 2603-6975
Real Academia Galega