'Catalán' en galego, 'galego' en catalán. Tratamento das linguas galega e catalá nas principais obras lexicográficas dos países cataláns e de Galicia

Descargas

Publicado

03-08-2010

Número

Sección

Artigos

Autores/as

  • Eduard del Castillo Velasco

DOI:

https://doi.org/10.32766/cdl.32.27

Palabras clave:

Lexicoloxía, dicionarios monolingües, lingua galega, lingua catalá, linguas minorizadas

Resumo

Os dicionarios son obras cuxo contido non só depende da formación intelectual dos seus redactores -profundo ou escaso coñecemento lingüístico, maior ou menor dominio das técnicas lexicográficas...- senón que está suxeito tanto aos prexuízos das persoas que os confeccionaron coma ao contexto social, cultural e político do momento histórico no que foron creados. As relacións entre Galicia e os Países Cataláns aínda non gozan hoxe da normalidade que lles correspondería, ao quedaren as súas culturas nun segundo plano por detrás da española oficial que domina o panorama sociocultural do estado no que, maioritariamente, se desenvolven. O esforzo adicional que cómpre facer para achegarse dun país ao outro provoca moitas veces visións parciais e interpretacións erróneas da realidade sociocultural e sociolingüística da cultura que se quere coñecer ou dar a coñecer. Esta dificultade vese tamén reflectida nas obras lexicográficas e concretada nas imprecisións e as lagoas que conteñen as definicións relativas á lingua e a cultura galegas -no caso dos cataláns- e á lingua e a cultura catalás -no caso dos galegos-. Neste traballo compróbase como inflúe esta situación na redacción dos dicionarios de referencia máis usados hoxe en día en candanseu ámbito cultural, mediante unha análise das definicións dos conceptos relacionados coas linguas galega e catalá. Finalmente, propóñense unhas novas definicións para as entradas relativas ás denominacións da lingua.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.