Gallaica lingua: Quo vadis?

Manuel González González

Resumo


Na primeira parte deste texto faise unha revisión dos puntos débiles máis importantes da lingua galega neste momento, tanto no que se refire ao status, coma ao corpus. Analízanse, entre outros, aspectos como a perda de transmisión familiar, o aumento do monolingüísmo castelán, o proceso de urbanización, o papel da escola, a situación nos medios de comunicación e no mundo empresarial, a percepción social de que o galego é unha lingua pouco útil ou a baixa calidade do galego utilizado por sectores que actúan como referentes sociais. Fronte a isto contrapóñense iniciativas normalizadoras postas en marcha nos últimos anos, que, aínda sendo moi positivas, son insuficientes para frear o proceso de desgaleguización da nosa sociedade.


Palabras clave


sociolingüística galega, normalización lingüística, bilingüismo, uso lingüístico, coñecemento lingüístico, actitudes lingüísticas, terminoloxía, enxeñaría lingüística

Texto completo:

PDF


Cadernos de Lingua
ISSN: 1130-5924
ISSN-e: 2603-6975
Real Academia Galega