Ás voltas con 'cerca de', a valoración aproximativa e os complementos de medida

Descargas

Publicado

02-08-2018

Número

Sección

Artigos

Autores/as

  • Eva María Domínguez Noya

DOI:

https://doi.org/10.32766/cdl.36.2

Palabras clave:

Categorización, adverbio, preposición, valoración aproximativa, verbos de medida, sintaxe, galego, lingüística de corpus

Resumo

O intento de axustar a categorización de cerca seguido de frase preposicional con de no ámbito da localización espacial, en contra-posición co da localización temporal e a valoración aproximativa, lévame a profundar sobre estes últimos usos no galego actual. A súa presenza, ademais, en expresións cuantitativas con verbos de medida, distancia e duración provoca que revise a problemática clasificación sintáctica dos denominados complementos de medida e que cuestione tanto a catalogación preposicional de cerca de como a de complemento directo, cuestións ambas para as que creo que o galego achega datos interesantes.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.