Partículas exceptivas: problemas de delimitación e proposta de análise

Descargas

Publicado

02-08-2012

Número

Sección

Artigos

Autores/as

  • Eva María Domínguez Noya

DOI:

https://doi.org/10.32766/cdl.34.13

Palabras clave:

Partículas exceptivas, corpus, categorización, preposición, conxunción, adverbio, polaridade, correlación, sintaxe, galego

Resumo

Neste traballo, partindo dun corpus amplo e variado de elaboración propia conformado a partir de exemplos extraídos dos corpus de referencia do galego común escrito actual -CORGA e TILG-, realizo unha descrición exhaustiva do comportamento funcional das partículas exceptivas~excluíntes excepto, menos, quitado, quitando, sacado, sacando e salvo, e destas en combinación coas conxuncións que e se. Así mesmo, cuestiono a súa delimitación nos manuais actuais tanto na clase das preposicións como na das conxuncións, analizando polo miúdo os argumentos esgrimidos a favor e en contra, e remato facendo unha proposta de análise e propoñendo unha nova categorización.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.